Os vindeiros 16 e 17 de marzo o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá unha vez máis os
ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Coma en anos anteriores, está convocado para a primeira xornada o
profesorado dos centros que se incorporaron a este programa no curso
2016/2017, así como unha treintena de coordinadores da biblioteca do seu
centro que son novos nesta responsabilidade. Xa na segunda xornada, o
17 de marzo, reuniranse os responsables da biblioteca da totalidade dos
centros Plambe, que neste curso inclúe 615 bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario