30/4/16

Visita a un barco mercante

Dentro dun proxecto escolar de concienciación con respecto ao medio, o alumnado de sexto curso do colexio de Celeiro asistiu a unha charla de recollida de lixo e verquidos nun mercante.
Foron acompañados por Andrés Díaz, Práctico dos Portos de Cariño, Celeiro e Burela, e recepcionados polo Capitán do Cape Cee, mercante con base en Tenerife e que cargaba seixo rumbo a Santander, aínda que o destino máis habitual é francés, un porto preto de Marsella. 
O Primeiro Piloto desenvolveu as veces de guía abordo, mostrando as distintas dependencias do buque: ponte de mando, cuberta, máquinas, cociña...



 

22/4/16

Os colexios saen a plantar árbores

Na mañá do día 21 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria participamos na plantación de novas árbores na fachada do paseo marítimo de Viveiro.
O acto estivo organizado polo Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" en colaboración co Concello de Viveiro.
Esta actividade estaba aplazada dende o día da árbore, o 21 de marzo, debido ás inclemencias meteorolóxicas.
NOTICIA NA PRENSA LOCAL


PODEMOS VER UN VÍDEO  
 REALIZADO POR JOSÉ ANTONIO ABELLA

21/4/16

Traballos para o Día do LIBRO

Teatro para o Día do Libro

Os 23 nenos e nenas do grupo de teatro escolar do Pedrosa Latas de Celeiro participarán nos actos conmemorativos que organizan os Aventados en San Cibrao. 
Será o próximo sábado día 23, xusto o día no que se cumpren 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, en cuxo homenaxe se celebran múltiples actividades en todo o mundo para honrar ao gran personaxe universal, autor da primeia novela, Don Quijote de la Mancha.
Ademais da representación teatral actuará a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Co título "El legado de Cervantes. Teatro y música" o acto celebrarase no Auditorio da Casa de Cultura, a partir das 8 da tarde.

20/4/16

Celebramos o Día do Libro

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega.
É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural. 
A orixe desta celebración atópase en Cataluña (España) onde é tradición regalar unha rosa e un libro o 23 de abril, data que coincide con Sant Jordi.
Todo o que fixemos para conmemorar esta data atopámolo na 

19/4/16

Exposición no colexio

Exposición: "Os soños de Manuel María", do proxecto Microrrede PLAMBE A Mariña.
Despois de traballar en familia a tarxeta adicada a Manuel María, agora toca expoñer os traballos no colexio para celebrar o Día do Libro. Posteriormente faremos unha exposición conxunta todos os centros que formamos a Microrrede, será polas Letras Galegas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

17/4/16

Entramos na semana da celebración do DÍA DO LIBRO

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."


16/4/16

EXPOSICION NO CENIMA DE FOZ, ABRIL 2016

Dentro das actividades da  SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA fumos ver a exposición no CENIMA en Foz, o mércores, 13 de abril, os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
                  Participan os seguintes artistas:
  • CELSO DOURADO de Barreiros.
  • MAURO LEIVAS de Mondoñedo.
  • DAVID CATÁ de Viveiro.
  • ALBERTO PENA de Foz.
  •  RAIMUNDO RUBAL de Mondoñedo.

12/4/16

Actividade dentro da Semana das Artes na Mariña

O venres, 8 de abril, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso visitaron as instalacións do complexo Regal/Xunqueira
 na que levaron a cabo as seguintes actividades:
  • Visita guiada á fábrica.
  • Coñecer o proceso da elaboración dos distintos obxectos e escuturas do ceramista Otero Regal.
  • Taller, onde realizarán unha peza de recordo.

11/4/16

Xornadas moi exitosas


Xa remataron as xornadas do PLAMBE, os días 7 e 8 de abril, no Palacio de Congresos en Santiago.

Como todos os anos, a organización das mesmas resultaron de gran éxito de asistencia por parte dos colexios, de calidade nas conferencias, relatorios así como as mesas de experiencias e recursos.
Despois do xantar, as compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA, tivemos a oportunidade de compartir novas experiencias e ademais reunirnos para ultimar moitos dos preparativos  do novo proxecto deste ano "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Os traballos xa están nas casas do noso alumnado e pronto realizaremos as exposicións nos colexios.
Son moitos os detalles que temos que ter presentes para a exposición no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (este é o primeiro ano que cambiamos a ubicación, anteriormente expoñiamos no Salón Multiusos do Concello).
Tamén as actividades dinamizadoras requiren unha atención importante pois cada vez son máis numerosas.

7/4/16

Encontros do PLAMBE

Os días 7 e 8 de abril próximos celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada.  Este encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a aprendizaxe.

4/4/16

Os soños de Manuel María

Mentres nas casas estades a preparar as tarxetas para Manuel María, no colexio preparamos a actividade dinamizadora que nos corresponde levar a cabo o xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Participaremos todo o colexio cantando baixo o título: 
Clica no enlace e atoparás as letras e músicas das cancións