30/10/16

É tempo de SAMAÍN

O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio. 
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:
  • buscamos moita información
  • fixemos fichas para facer pequenos libros
  • debuxamos e escribimos contos
  • decoramos as portas e corredores
  • os nenos e nenas de infantil, coa axuda das súas mestras, elaboraron un gran castelo que encheron de figuras monstruosas que trouxeron das súas casas e elaboradas con materiais de refugallo
  • houbo sesión "de contos de medo" na Biblioteca a cargo das mestras Kare, Cristina e Angélica.
  • os nenos e nenas de infantil remataran o día xogando e bailando no ximnasio

27/10/16

Semana de celebracións

Entramos na semana das celebracións do Día da Biblioteca, o luns 24  e O Samaín, o venres 29 de outubro.
No recuncho das exposición de libros temos unha boa colección de libros que vos animarán o Samaín.



26/10/16

Resolución definitiva do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017


O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos de funcionamento. 
As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario", derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, segundo as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos. 
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o total de centros integrados neste "Rede de Bibliotecas Escolares" que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.

25/10/16

Un percorrido polo conto "El cazo de Lorenzo" de Isabeller Carrier

Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes. 
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida. 
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.

Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios  vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver  o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo.  Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).

Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.

Actividades que levamos a cabo.
  •  Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narracións e o resultado final foi o seguinte vídeo.
  •  Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso.  A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito e o resultado final  queda recollido tamén en vídeo.

  • Reflexións e Gran Mural.  Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.

24/10/16

Celebramos o Día da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca con moitas actividades:
  • Exposición de libros.
  • Exposición de Marcapáxinas.
  • Formación de Usuarios.
  • Dramatización do conto:
"O cazo de Lourenzo" de Isabelle Carrier
Fixemos a tradución do mesmo ao galego e os nenos e nenas de 6º de Infantil, coa colaboración dos de 6º de Primaria, puxéronno en escea.
Ademais tamén elaboramos un libro-audio con debuxos e voces dos nenos e nenas da aula de 6º de Infantil.
Outra das actividades que lles gustou moito foi a preparación da Canción para Rufo e que cantaron nas sesións de Formación de Usuarios.

TODOS OS TRABALLOS PODEMOS VELOS NO SEGUINTE   ENLACE


21/10/16

Para celebrar o Día da Biblioteca

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o luns, 24 de outubro, os equipos da Biblioteca e  de Dinamización da Lingua Galega preparamos unha chea de actividades que seguro  vos van a gustar e coas que aprenderedes moitas cousas sobre a nosa biblioteca.

·        EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS
o   A partir do venres, 21 de outubro
o   Nas escaleiras, colocadas na rede.

·        FORMACIÓN DE USUARIOS
o   Luns a 1ª hora: 5º e 6º  curso
o   Luns a 2ª hora: 3º e 4º  curso
o   Luns a 3ª hora: 1º e 2º  curso
o   Martes a 1ª hora: todo infantil
          Distribución da biblioteca e outros espazos
Organización dos fondos
Información sobre os adhesivos ou etiquetas
Normas de funcionamento

Vídeo sobre o conto “O cazo de Lorenzo” 
Vidéo da "Canción para Rufo"

·        APADRIÑAMENTO LECTOR
o   “O cazo de Lorenzo”, de Isabelle Carrier
o   Alumnado de 6º de infantil e alumnado de 6º curso
o   No ximnasio despois do recreo

17/10/16

Benvida a Saúl!

Dámoslle a benvida a Saúl, o noso auxiliar de conversa.
Vén de Wilmington (Delaware) nos Estados Unidos de América.

The Lighthouse

Este é un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.

8/10/16

Puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras

O venres, 7 de outubro, saíaron da Biblioteca as Mochilas Viaxeiras.
A Mochila Viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.




6/10/16

Cristina Novoa: “Nais e pais son primordiais como exemplo lector”

No Portal Galego de Educación atopamos este artículo moi interesante.



http://botons.eu/