18/5/15

Imos participar no III Concurso de Vídeos VOZ NATURA

O noso centro acordou participar no Concurso de Vídeos que convoca VOZ NATURA.
Despois da experiencia do curso pasado no que quedamos de segundos, moitas nais e pais anímannos a intentalo de novo.
Para o evento elaboramos o seguinte vídeo no que pretendemos contar en imaxes a historia do noso horto escolar e da labor tan importante na educación dos nosos alumnos.
Consulta aquí as BASES DE CONCURSO
A participación articúlase a través da páxina en Facebook do programa onde se poden consultar as bases do concurso e presentar os vídeos desde o 4 de maio ata o 22. A partir dese momento, abrirase un prazo de votacións públicas (ata o 3 de xuño) do que sairán os cinco finalistas.


15/5/15

Festexamos as LETRAS GALEGAS

Hoxe festexamos as LETRAS GALEGAS.

VÍDEOS DAS ACTIVIDADES NO COLEXIO

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.

14/5/15

Exposición de pequenos bodegóns

Cos traballos que fixemos no obradoiro con Xoán Guerreiro
fixemos unha exposición no colexio.
NESTE ENLACE TEMOS MÁIS INFORMACIÓN



13/5/15

Programa para a celebración das LETRAS GALEGAS e FESTA DO MAIO

O venres, 15 de maio, celebraremos o día grande das LETRAS GALEGAS e máis a FESTA DO MAIO  co seguinte programa




EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE AS LETRAS GALEGAS





12/5/15

Montaxe da Exposición Microrrede A MARIÑA

Tal e como tiñamos previsto, na tarde do luns, 11 de maio, os centros educativos de Cervo, Xove e Viveiro, levamos a cabo a montaxe da "Exposición Conxunta" cos traballos realizados polo alumnado en colaboración coas familias.
Nesta ocasión foi a tradición oral co refraneiro popular o tema de traballo.
O resultado final é unha Exposición moi variada que seguro gustará a todos os visitante durante toda esta semana.
VÍDEO DA MONTAXE E RESULTADO FINAL

11/5/15

Microrrede do PLAMBE A Mariña

Esta semana da comezo a Exposición conxunta das Bibliotecas Escolares de Cervo, Xove e Viveiro.
Na seguinte presentación vemos o cartaz da mesma:

E como en  anos anteriores tamén contamos cun programa de actividades moi completo:

9/5/15

Xoán Guerreiro no noso cole

O venres, 8 de maio, tivemos a oportunidade de contar co pintor xovense, XOÁN GUERREIRO, quen impartiu unhas nocións básicas de debuxo para todo o alumnado do colexio, dende infantil ata 6º curso.
Durante toda a mañá os alumnos foron pasando pola aula habilitada para este obradoiro onde escoitaron as explicacións de Xoán e levaron á práctica o aprendido.
Agradecemos a Xoán a súa labor e atención e esperamos que noutra ocasión podamos disfrutar das súas ensinanzas.
Tamén os alumnos e alumnas de 5º curso tiveron a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que queda recollida no seguinte vídeo. MOITAS GRAZAS XOÁN.


Tamén podemos ver o vídeo do obradoiro 

6/5/15

Refraneiro de Cervo a Viveiro

Na seguinte presentación podemos ler a recompilación dos refráns aportados polo noso alumnado:


5/5/15

Entramos no mes das LETRAS GALEGAS

Durante todo o mes de maio faremos moitas actividades:
  • Na semana do 12 ao 15: Exposición no Concello de Viveiro "O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO" con actuación dos alumnos e alumnas dos centros participantes.
  • Durante todo o mes traballaremos sobre o autor homenaxeado FILGUEIRA VALVERDE.
  • Festival das LETRAS GALEGAS no colexio o venres, 15 de maio.
  • Excursións e saídas de fin de curso.
NOS SEGUINTES ENLACES TEMOS MÁIS INFORMACIÓN