19/3/10

21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No ano 1999 a UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Mundial da Poesía.

Irina Bokova, actual directora xeral, redactou para este ano 2010 a mensaxe para esta celebración, da que entresacamos este parágrafo:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas educativos. Grazas ao acceso á poesía do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.»

  • Se queres ler toda a mensaxe segue este enlace:

Para traballar no mes de abril, tal e como propoñemos no Noso Plan Lector, podemos centrarnos en dous grandes poetas que lembramos este ano:



Uxío Novoneyra

(Letras Galegas 2010)







Miguel Hernández

(Centenario do seu nacemento)









17/3/10

Imos ter unhas sesións de contacontos

Na mañá do xoves 18 de marzo, vainos visitar MARIO TOMÁS LÓPEZ   (MARIONETTO). Por xentileza do Consorcio editorial GALEGO.

Mario Tomás é un profesional das artes escénicas dende 1990. Ten unha larga traxectoria internacional, participando en máis de trinta montaxes teatrais, contando historias e impartindo obradoiros de formación a nenos e maiores.

Despois do recreo teremos unha 1ª sesión para os nenos e nenas de Infantil e  1º ciclo.

A seguinte sesión será para o 2º e 3º ciclo.  Esperamos que vos gusten pois as historias parecen ser moi animadas.

13/3/10

Pequena homenaxe a Miguel Delibes

Na nosa Biblioteca temos este fermoso libro que recolle varios contos de Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010).
Para homenaxear a este gran escritor, dende a Bibliosoños, ofrecemos un pouco de información + (biografía) e animámosvos a que leades este libro de pequenos contos, con ilustracións de Jesús Gabán. 


10/3/10

Entrevista a Vicente Míguez Salgueiro

Vicente Míguez Salgueiro, nado en Celeiro é profesor no CEIP Antonio Pedrosa Latas dende fai moitos anos. Tamén é escritor (da súa obra falaremos  noutro momento) e entre  as súas aficións destacan a lectura e a música.

-Vicente, que é o Obradoiro de Prensa?
-É unha das actividades extraescolares que se levan a cabo no colexio.
-En que consiste?
-É un taller no que traballamos con xornais escritos en galego, castelán e inglés -as tres linguas que se imparten nos centros educativos-.Asemade, ocupámonos da prensa aparecida en soporte dixital a través de Internet.
-Como levades a cabo o traballo?
-Seleccionamos as noticias tendo en conta as distintas seccións dun xornal: sucesos, cultura, medioambiente, deportes, economía, sociedade, humor, tempo, A Mariña, nacional, internacional... Logo elabóranse dous paneis que se expoñen á entrada do centro para que o resto do alumnado poda lelo.
-Que obxectivos queres conquerir?
-Con esta iniciativa preténdese practicar a lectura, incidindo na súa comprensión, coñecer a través das novas máis destacadas o mundo que nos rodea, tanto do entorno local coma do nacional e internacional, e finalmente, habituarse a traballar en equipo.
-Cando se imparte este Obradoiro?
-Impártese os luns, en horario de 5 a 6 da tarde para os alumnos de 5º e 6º curso que desexen participar. Por suposto, trátase dunha actividade gratuita.

9/3/10

Semana da prensa na escola

Do 8 ao 12 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico...
No noso centro, dentro das actividades extraescolares, temos un Obradoiro de Prensa que imparte o profesor Vicente Míguez. Alumnos e alumnas de 5º e 6º curso participan e fan unha exposición do traballo realizado semanalmente.

8/3/10

Centenario do poeta Miguel Hernández Gilabert

Este ano celébrase o centenario do poeta e dramaturgo Miguel Hernández, (Orihuela, 30 de octubre de 1910 – Alicante, 28 de marzo de 1942).
Para saber máis sobre a súa vida entrade neste enlace.

No blog Fundación Cultural Miguel Hernández tamén atoparemos información sobre o ano Hernandiano.

Para saber todo sobre a súa obra podemos entrar neste enlace.

Aquí podemos entrar e ler moitos dos seus poemas.


4/3/10

Día da Muller Traballadora

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional das Mulleres Traballadoras.
Dende este blog da Bibliosoños ofrecémosvos información por se tedes curiosidade por saber máis sobre este tema.

Tamén podedes ver este vídeo de
contos vellos con finais novos