27/4/19

XIX REBUMBIO MATEMÁTICO 2018-2019

https://www.agapema.org/

Na mañá do venres, 26 de abril, tres alumnas do colexio: Antía, Candela e Julia, participaron na fase de zona (Lugo) do XIX REBUMBIO MATEMÁTICO que convoca a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática. Estiveron acompañadas pola súa titora, a profesora Rita Lamas. Para elas foi unha experiencia moi positiva e pasáronno estupendamente.
Os resultados serán publicados o vindeiro 6 de maio.

MOITA SORTE!!!




25/4/19

A POESÍA QUE SENTIMOS

https://sites.google.com/site/plamblaamarina/curso-2018-2019

Estimadas familias:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas,  que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.

O lema deste curso é A POESÍA QUE SENTIMOS

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico, nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima…

No colexio estamos a traballar no proxecto documental AO ABEIRO DOS NOSOS MONTES, polo que buscamos eses poemas dedicados aos montes, árbores, flores, plantas, animais e todo o relacionado co mundo dos montes.

O traballo realizarase na cartolina que achegamos; primeiramente terán  que recortar a forma da folla, logo terán que escribir o poema e finalmente realizarán a parte plástica.
--Parte literaria: farase pola parte en branco e escribirán un  poema en galego sobre o tema (tamén pode ser de creación propia).
--Parte plástica: por ambos lados e que se relacione co poema. Poderase utilizar calquera técnica e materiais.

-Coma en anos anteriores, este traballo, é para facer en familia, polo tanto animámosvos a participar e desenrolar esa creatividade que sabemos que tedes, pedindo que os traballos veñan con boa letra, ortografía e presentación.
-Os traballos entregaranse ao titor ou titora, rematando o prazo de entrega  o venres, 26 de abril.
-Os traballos expoñerémolos no colexio e logo formarán parte da exposición que se fará en Viveiro (do 4 ao 6 de xuño), xunto cos demais colexios que forman parte da “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE A Mariña”.

23/4/19

DÍA DO LIBRO 2019

Hoxe é o DÍA DO LIBRO

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día como o Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1180Día Mundial do Libro 2019  

No noso colexio para conmemorar esta data realizamos un montón de actividades:

  • Nas aulas traballamos a figura do Xenial Miguel de Cervantes Saavedra e lemos as adaptacións da súa obra DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
  • Nas casas, coas nosas familias, preparamos os traballos para a MICRORREDE A MARIÑA, que este ano vai sobre A POESÍA QUE SENTIMOS. Todos os traballos formarán parte dunha gran exposición na que participan moitos colexios da Mariña. 
  • Outras actividades que nos quedan por facer en relación ao Día do Libro son a visita da autora María Canosa e tamén de Anxo Moure. 
  •  O alumnado de 2º curso recoméndanos a lectura do libro "Fernando e o oso polar" de Carmen García Iglesias.

  • My favourite books, o alumnado de 6º curso estivo na aula de 6º de Infantil para contarlles cales son os seus libros favoritos.
  • Un programa de Radio na RUFO SOÑOS realizado polas alumnas de 6º curso: Leire, Nayara, Ainara, Ana, Elena e Ánxela.


12/4/19

A Semana Santa de Viveiro na RUFO SOÑOS

(Decalarada de Interés Turístico Internacional).
https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal?authuser=0
É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se realiza  desde o século  XIII.​ Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Jesús de  Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa  vivariense é tamén considerada como un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.
Por iso o alumnado de 6º curso de Primaria quixo realizar un Programa de Radio Especial dedicado a esta importante festividade.

Como sempre podemos ver o vídeo de "como o fixemos" e tamén escoitar o audio.



Para comezar ben as Vacacións de Semana Santa Candela e Julia quixeron realizar un programa especial que elas mesma titularon "De Comedia".



11/4/19

Experiencias do alumnado de 1º e 2º curso


O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria visitaron o pasado luns, 1 de abril, a Mina Sonia situada no Barqueiro, concello de Mañón e Provincia de A Coruña.
Foi unha experiencia moi positiva pois aprenderon moitas cousas sorprendentes para eles.
No seguinte vídeo van facendo un resumo de todo o que alí viron.


Seguindo coas actividades programadas dentro do proxecto "Ao abeiro dos nosos montes", na mañá do mércores, 10 de abril, tiveron a posibilidade de escoitar a Marcos Besada que lles aportou moita información sobre a Flora e Fauna e dos diversos ecosistemas dos montes galegos e especialmente dos de Viveiro.
Tamén lles deu información sobre como observar os rastrexos da fauna salvaxe dos nosos montes.
Ensinoulles unha páxina con moita información sobre a Fauna e Flora de Galicia

10/4/19

Nova formación con Xerardo e Damián de PONTE NAS ONDAS


Presentamos os novos materiais para o RADIO NA BIBLIO, a RUFO SOÑOS.
  • Amplificador, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, cascos...
Para aprender a manexar todos estes novos aparellos volvimos ter unha  sesión de formación.
Os encargados de impartir esta sesión foron Xerardo e Damián da Asociación PONTE NAS ONDAS.
Recordamos cousas aprendidas na 1ª sesión e aprendimos outras novas que nos servirán para seguir realizando programas de radio nos que iremos contando o que sucede no noso colexio e tamén outras de carácter máis lúdico e divertidas.
Deixamos o vídeo onde recollemos o "como o fixemos" e tamén o audio.


Imos participar no Día da Educación Física na Rúa 2019

https://www.consejo-colef.es/defc-home
O vindeiro 25 de abril celébrase o
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
e o noso colexio vai participar realizando unha actividade moi especial:
  • Ese día iremos ata a Praza do Náufrago a partir das 12:20 horas e alí faremos unhas "danzas populares do mundo".
  • Invitamos todas as familias e veciños que desexen participar con nós nesta actividade. 
  • Para aprender a seguir as danzas pódese ver o vídeo onde o alumnado de 6º curso está ensaiando as mesmas.
  •  Animámosvos a participar. Seguro que o pasaremos estupendamente!!!

8/4/19

Xa temos logo e lema para a RADIO NA BIBLIO

Hoxe fixemos entrega dos diplomas aos finalistas do Concurso para ter un logo e lema da RADIO NA BIBLIO.  
Durante o mes de marzo estiveron expostos na entrada do colexio e xa temos un gañador!.
Trátase do traballo presentado por Pedro Arias.

 "RUFO SOÑOS"


NORABOA! a todos os participantes, aos finalistas e como non a Pedro por ser o gañador!
Todos eles recibirán un diploma:
E Pedro, como premio recibiu o libro "Esta non é outra historia de piratas" da autora María Rolle:

Dende Hoxe xa está o lema e logo na PÁXINA ESPECIAL DA RADIO NA BIBLIO


7/4/19

Excelente actuación do alumnado de Celeiro no "Rosalía sempre viva"

https://www.facebook.com/fundacion.manuel.maria/?__tn__=kC-R&eid=ARBVU6uQvxI_u6TL3VXIafiLezpiUXqGb9_iZlNHNLaNCFjUf1SAdPBl4wd_dOSNnuoDNISlwHHDVUKv&hc_ref=ARQ_6fnqmiqXh8CvW9c8z0AIB_Aerw0GoGJC64b8XUf-zVpepozinK0A-NYiRXxcrws&fref=nf&__xts__%5B0%5D=68.ARD8-S6qUbp75_hJbYFU9TM9euDW86EKAxPnMsJ5HtHRatlgZ4AbgRMZryB-Xl6AS8ccyPQ35eZCAhVM7FY7i-3hXosi2BKFskGrcTEpHYpmCJlRL22SwNVgOrj_IsyoR8z_b9DiBiWvWCiXWKr-NKG_6my3TicSZHs7iwpZM3ZB7jOhlEBG26wkzzh1vUp-uTSLwmRHIJHgJgbWHKx9-blpk-4HJRuLaFWUbiOUX9FQ-X3l-GHGPpUT9kNgPf_55CZPKhTkR41rF7dZ1gGIWxc_upocy0O_I8TKJ-hs7KPLDGEFAn7N_Yp6gdZUWTyu1MgX2eJ3-CXnOksEyKmM0IYJoA
Na mañá do sábado 6 de abril, na Casa-Museo Manuel María, tivo lugar a final da V Convocatoria "Rosalía sempre viva".
Na mesma participaron as alumnas e alumno do noso colexio: Thaïs Palmeiro, Ana Rodríguez, Sara Asmerón e Hugo Rey, que o fixeron estupendamente e foron moi aplaudidos.
A súa intervención podémola ver no seguinte vídeo.




6/4/19

Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"

FASE FINAL
A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 6 de abril.
Do noso colexio van participar Sara e Hugo de 4º curso; Ana e Thäis de 3º curso.
Moita sorte!

5/4/19

EXPERIENCIAS DE LABORATORIO

Despois dun estudo profundo dos diferentes reinos a nosa titora, a titora de 6º curso Rita, propuxo facer un Laboratorio para realizar diferentes experimentos cos seres vivos. 
Así comezaron coa procura dos diferentes obxectos necesarios para a actividade: microscopios, porta e cubre obxectos, pinzas, chisqueiros, potas… Tamén o “agar agar”, azul de metileno, auga fervida, moscas, peles, sangue, iogur, pelo, auga da charca e do acuario, alimentos… 
Con todos os materiais citados anteriormente comezaron a preparar os experimentos e así fixeron 5 grupos. Cada un deles tiña que traballar un reino preparando e ensinando aos diferentes cursos de primaria os seus experimentos. 
No reino das bacterias prepararon experimentos visualizando as bacterias da auga, da saliva e do iogurt. A través do microscopio podíase visualizar uns puntiños azuis e algunhas células. 
No reino dos animais prepararon experimentos visualizando unha mosca, as células do sangue, un pelo e pel humana. A través do microscopio puideron ver as diferentes células. 
No reino das plantas prepararon experimentos para visualizar un pétalo de flor, unha capa das cebolas, mofo do acuario e algas da charca. Sorprendeu moito ver a capa da cebola porque podían observar unha cor azul ao impregnala con azul de metileno. 
No reino dos fungos prepararon experimentos para ver a través do microscopio alimentos con mofos, como por exemplo unha fresa, unha mandarina, kefi, pemento e o queixo. 
No reino das protistas observaron auga da charca, do acuario, algas e auga do billa. A través do microscopio podíase ver os protozoos que son uns seres vivos unicelulares que se desprazan mediante cilios. Observaron os diferentes tipos de protozoos; ameba, paramecios, tripanosoma e vorticela. Sorprendeunos moitísimo todo o que se pode atopar nunha pequena gota de auga. 
Realizaron 5 sesións de experiencias no laboratorio e en cada sesión participou un curso de primaria. Para o alumnado de 6º curso foi unha experiencia moi boa porque aprenderon a traballar como científicos e científicas e ademais amosaron o seu traballo aos compañeiros e compañeiras mais pequenas.

INFORMACIÓN sobre a semana das charlas informativas

Traballando no proxecto "Ao abeiro dos nosos montes"

Esta semana recibimos a visita de Roberto Cabo, Marcos Besada e Carlos Méndez, para falarnos de temas relacionados co proxecto "Ao abeiro dos nosos montes".

A charla de Roberto Cabo (Enxeñeiro de Montes) para o alumnado de 5º e 6º curso estivo relacionada cos diferentes tipos de montes, a xestión económica... e a interpretación de planos como paso previo para á realización dunha maqueta que temos previsto realizar como proxecto final.





Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores. 
Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas. 
Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis. 
A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio...
Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo

Carlos Méndez (Presidente da Comunidade de Montes San Roque) estivo co alumnado de 3º e 4º curso e faloulles da xestión desta comunidade de montes, da súa historia, da extensións dos terreos que a conforman,  da xestión económica, da nova zona recreativa e das diversas especies que hai nestes montes.



4/4/19

Novo traballo do alumnado de 2º curso

Seguimos presentando traballos relacionados co proxecto deste curso "Ao abeiro dos nosos montes".
Nesta ocasión o alumnado de 2º curso ven de rematar o mural sobre o loureiro e tamén fixeron outro vídeo que pertence ao traballo "Colección de árbores de 2º curso".








II O LOUREIRO

I O CARBALLO







PROGRAMA NÚMERO 6 de RADIO NA BIBLIO

Publicamos hoxe un novo programa de RADIO NA BIBLIO, facémolo en formato vídeo "Como o fixemos" e en formato audio. 

Lembrade que podedes ver todos os programas na PÁXINA ESPECIALda RADIO NA BIBLIO.

Este programa foi realizado polo equipo formado por Antía, Aarón, Bryan, Tábata, Carmen e Julia, alumnas e alumnos de 6º curso.

O tema escollido foi "As nosas experiencias de laboratorio".  Despois dun estudo profundo dos diferentes reinos a titora de 6º curso, Rita, propúxolles facer un Laboratorio para realizar diferentes experimentos cos seres vivos. Comezaron a preparar os experimentos e así fixeron 5 grupos. Cada un deles tiña que traballar un reino preparando  e ensinando aos diferentes cursos de primaria os seus experimentos.