26/5/16

Unha dedicatoria moi especial

No noso colexio gústanos moito ver e observar os traballos realizados por outros coles e así foi como chegamos ao COLE DA ARMENTEIRA.
Para traballar as Letras Galegas ilustraron varios poemas de Manuel María, engadíronlle música e efectos de vídeo. O resultado final podemos velo
Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CEIP Pedrosa Latas felicitaron o traballo realizado enviándolles uns debuxos e eles en agradecemento fixeron este bonito vídeo


Todo o cole queremos agradecer este fermoso vídeo que nos dedicaron. Moitas grazas e novamente noraboa polos vosos traballos!

25/5/16

PITEAS (Boas Prácticas Educativas de Referencia)

PITEAS é un programa promovido pola Fundación Barrié en colaboración coa Xunta de Galicia e a participación da Universidade de Santiago de Compostela.
É a rede de proxectos de innovación educativa co obxectivo de ofrecer ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencien o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo.
PITEAS foi un navegante, explorador e científico grego do século IV a. C., a quen se atribúen importantes descubrimentos: entre eles, o de que a nosa Hispania era unha península.


Presentación do proxecto nas xornadas de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento


21/5/16

Vídeos das actividades

CANCIÓN "DEPENDE DE MIN"
LETRAS GALEGAS NO COLEXIO
SEMBLANZA DE MANUEL MARÍA
DRAMATIZACIÓN "O BIGOTE DE MIMÍ"
ACTUACIÓN DO CORO "SONS DE CELEIRO" 

FESTA DO MAIO

18/5/16

As Letras Galegas no colexio



Durante o mes de maio son moitas e variadas as actividades que levamos a cabo todos os cursos do colexio:


  • Exposición de libros dos autores homenaxeados
  • Láminas sobre Manuel María
  • Traballos dos alumnos e alumnas
  • Dramatización "O bigote de Mimí" a cargo dos nenos e nenas de 1º curso
  • Presentación en vídeo da canción "Depende de min", con letra, música e coreografía dos profesores do centro.
  • Festival especial (venres, 20 de maio) coa participación dos alumnos e alumnas do colexio cantando a canción do MAIO e o coro "SONS DE CELEIRO" dirixido por Daniel Caxete.
  • Seguimento da páxina especial adicada a Manuel María na que tamén se recollen as nosas actividades
  • Participación no Proxecto da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, "Os soños de Manuel María"

12/5/16

"Os soños de Manuel María

Seguimos coas actividades dinamizadoras que acompañan á Exposición "Os soños de Manuel María"

11/5/16

Inauguración da exposición "Os soños de Manuel María"

O martes, 10 de maio, tivo lugar a inauguración da Exposición "Os soños de Manuel María".
Asistiron a Xefa Territorial de Educación Maricarmen Gueimunde, o asesor do CEFORE Manuel Sánchez, a concelleira de Cultura Lara Fdez, as coordinadoras das bibliotecas escolares que integran a microrrede, así como as comunidades educativas dos diferentes centros.
A continuación sucedéronse as diversas actividades dinamizadoras correspondentes a este día.
  • CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo con "Os soños non poden estar engaiolados"
  • IES María Sarmiento de Viveiro con varias actuacións de alumnos e alumnas
  • IES Perdouro de Burela co recitado de varios poemas.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo



 A NOTICIA NA PRENSA LOCAL
 "EL PROGRESO (A MARIÑA)"
   


10/5/16

DEPENDE DE MIN

CANCIÓN DO COLEXIO PARA AS LETRAS GALEGAS
Letra: Vicente Míguez

Música: Marta Pérez/Pedro Rguez.

Coreografía: Eva Martínez

Gravación: Rita Lamas

Montaxe da exposición

Na tarde do luns, 9 de maio, o profesorado e colaboradores dos centros educativos da MICRORREDE realizamos a montaxe da exposición "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".


5/5/16

Microrrede PLAMBE A Mariña 2016

Xa están rematados o cartel e o díptico da actividade colaborativa das bibliotecas escolares da Mariña, pertencentes ao PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).
Nas seguintes presentación podemos velos.
Do martes, 10 ao venres, 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas poderemos ver a exposición conxunta e as actividades dinamizadoras, este ano no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
O noso centro actuará o xoves, 12 de maio e participarán todo o noso alumnada, dende 4º infantil ata 6º de primaria.
CARTEL
DÍPTICO

2/5/16

Visita á base do "PESCA 2"

O venres, 29 de abril, os nenos e nenas de infantil, acompañados das súas profesoras, fixeron unha visita ao helicóptero “Pesca 2”, con base en Celeiro
A tripulación do helicóptero: piloto e rescatadores, explicáronlles os elementos que utilizan para facer os rescates e tamén lles deron bos consellos para acudir ao mar; foron izados pola grúa e subiron ao helicóptero.
Aprenderon moitas cousas e pasáronno estupendamente, remataron a xornada tomando a media mañá no parque de Lavandeiras.