29/1/21

SEMANA ADICADA A PAZ

Como cada ano nestas datas, o noso alumnado estivo a facer moitas actividades relacionadas coa Paz, xa que mañá sabado, 30 de xaneiro,  celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Foron moitos os murais que elaboraron, ademais das distintas manualidades. Na clase de música tamén recordaron cancións relacionadas con esta data tan especial.

Deixámosvos a continuación unha pequena mostra dos traballos realizados polos nosos rapaces e rapazas.

MURAIS E TRABALLOS ELABORADOS POLOS NENOS DE ED. INFANTIL

MANUALIDADES ELABORADAS POLOS NENOS E NENAS DE 1º E 2º ED. PRIMARIA


ACTUACIÓNS MUSICAIS SOBRE O DIA DA PAZ

LIBRO DO ABECEDARIO SOBRE A PAZ ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL
 


EXPOSICIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A PAZ
VÍDEO REUMEN DOS NOSOS TRABALLOS



28/1/21

Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega

 

Xa está en marcha a convocatoria do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, aberto á participación de persoas de todas as idades. Animamos a toda a comunidade educativa e en especial ao alumnado a participar.

BASES DO CONCURSO

27/1/21

VISITA "THE BLUE ROBOT PROJECT"

Hoxe tivemos a visita de Blue, o androide de Fedepesca que permanece estes días na Cofradía de Celeiro .    O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de coñecelo e poder interactuar con el.

Faloulles da importancia da biodiversidade e do seu coidado e da importancia de manter un equilibrio sostible no mar.  Ademais faláronos dos distintos tipos de artes de pesca e da importancia de usar o axeitado para manter limpo o noso mar.

Os nenos/as puideron interactuar con Blue, que lles fixo algunha pregunta despois da súa explicación e que os nosos rapaces e rapazas souberon responder con gran acerto.

A continuación deixámosvos unhas fotos da sesión tan entretida que tivemos:




E agora, aquí tedes un vídeo resumo do máis divertido:



10/1/21

Comezamos o 2º trimestre!

 Comezamos o 2º trimestre e como todos os cursos prestarémoslle moita atención á Celebración do Día de Páz e Non Violencia, para ir traballando podemos ir buscando moita información nas seguintes páxinas e presentacións. BO COMEZO DE TRIMESTRE!!!

 PREMER NAS IMAXES

PÁXINA DE RECURSOS PARA  TRABALLAR O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


NA SEGUINTE PRESENTACIÓN ATOPAREMOS 

AS CANCIÓNS QUE IMOS PREPARAR ESTE CURSO