27/11/13

O son da nosa fala na BIBLIOSOÑOS


Radio Lugo-Cadena Ser estará durante a mañá do mércores, 27 de novembro, na nosa Biblioteca gravando as voces dos nosos alumnos e alumnas, a través do programa "O Son da Nosa Fala". 
Esta idea orixinaria de Paco Nieto e Tania Lombao naceu no ano 2012 no que se celebrou o centenario do poeta de Celenova, Celso Emilio Ferreiro.
Este ano 2013 está adicado a Manuel María, finado hai xa 10 anos, e con elo queren apoiar a candidatura do poeta chairego para o Día das Letras Galegas do ano 2015.
Os poemas que van recitar son do libro Soños na Gaiola.

O programa emítese ás 13:55 e para poder escoitar aos nosos alumnos e alumnas podemos mirar na axenda do xornal El Progreso que nos dirá que colexio vai participar cada día.
Ao finalizar este proxecto editarase un Audio Libro no que se incluirán fotografías e as gravación dos poemas de todos os participantes.


22/11/13

25 de novembro

http://www.educacionenvalores.org/25-de-noviembre-Dia-Internacional.html

No colexio fixemos unha actividade que nos propuxo o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Viveiro.

CIM de Viveiro. Páxina da Xunta (Mulleres de Galicia)
Claustro de San Francisco - Avenida de Cervantes, s/n
27850 Viveiro
Telf. 982 550 421
Correo electrónico: cim@viveiro.es


A actividade consistía en colocar nunha árbore follas cunha palabra, frase, lema, debuxo... en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO. Participamos todos os ciclos.
Así de ben quedou a nosa árbore!!!

20/11/13

Hoxe celebramos o Día dos Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os  Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
 

19/11/13

Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes

Elena Poniatowska, escritora mexicana nacida en París, foi galardoada co premio Cervantes 2013. É a cuarta muller que recibe o premio, o máis prestixioso das letras hispanas. Antes conseguírono as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992).

Elena Poniatowska naceu en Francia pero ao estalar a Segunda Guerra Mundial trasladouse coa súa nai a México mentres o seu pai participaba no desembarco de Normandía. A escritora incorporouse á vida mexicana sorprendéndose «pola pobreza que en Francia non vira». Comezou a escribir para un xornal nos cincuenta e, dende entón, non deixou de escribir en dous sentidos, no literario e no xornalístico. Consolidou a súa carreira ligada a este periodismo literario con obras como La noche de Tlatelolco (1971), sobre a matanza estudantil en Cidade de México.

O premio, considerado o Nobel das letras hispanas e creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, está dotado con 125.000 euros e recoñece a figura dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.

Aínda que non figura nas bases do premio, habitualmente cúmprese unha lei non escrita que reparte alternativamente, cada ano, o galardón entre Latinoamérica e España. Prevíase que no 2013 debería outorgarse o Cervantes a un escritor latinoamericano. Na pasada edición recaeu no escritor español José Manuel Caballero Bonald.

13/11/13

Máis sobre os Dereitos dos Nenos

Na Bibliosoños preparamos este GLOSTER que recolle os recursos que podemos utilizar para traballar estes días previos á Celebración do Día dos Dereitos da Infancia.


12/11/13

Libros para celebrar o Día dos Dereitos dos Nen@s

No rincón expositor hai libros que nos falan dos dereitos e deberes dos NEN@. 
Durante estes días previos ao 20 de novembro, Día dos dereitos da Infancia, poderemos coller estes libros para utilizalos nas aulas e na hora de ler.


5/11/13

Libros novos na Bibliosoños

Da colección  "O" de OQO editora vimos de recibir estes tres fermosos libros. 
Clica nas imaxes para ter máis información:

http://www.oqo.es/editora/gl/content/sopa-verdehttp://www.oqo.es/editora/gl/content/onde-est%C3%A1s-caracolhttp://www.oqo.es/editora/gl/content/non-fai-falta-voz




2/11/13

Premio Nacional do Cómic 2013

http://cultura.elpais.com/cultura/2013/10/31/actualidad/1383212225_972461.html
O autor Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional do Cómic 2013 pola súa obra 'Ardalén', publicado por Norma en 2012 tanto en castelán coma en galego. O xurado destacou o carácter poético da súa obra, que mestura a realidade co sono, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor. O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.