29/4/12

Dramatización no "Día do Libro"

As profesoras Rebeca, Rosa, Cristina e Sandra puxeron en escea o libro "A figueira de Pelostortos", fixéronno estupendamente e todos os nen@s e profesores/as do colexio aplaudimos moito despois de rirnos un montón e pasalo moi ben.

26/4/12

Un día moi importante para as Bibliotecas Escolares

Xa inauguramos a Exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado"

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros e ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación. 
Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros. 

24/4/12

Exposición en Viveiro

O mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas inauguramos a Exposición dos traballos
"De onte a hoxe: lembrando o pasado"
Presentámosvos o programa de actos 

23/4/12

Entrega do PREMIO CERVANTES

Hoxe, 23 de abril, terá lugar a entrega do Premio Cervantes 2011. A figura homenaxeada este ano é NICANOR PARRA.

                                                                                                                    Pica  para entrar na web de Nicanor Parra




21/4/12

23 DEL ABRIL, DÍA DO LIBRO

 NA GALIPEDIA podemos atopar esta definición:

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

No noso colexio faremos actividades durante toda a semana:

  • Temos unha páxina especial con moita información sobre Miguel de Cervantes, vídeos, xogos e outras actividades.
  • Teremos unha sesión de contacontos, cunha posta en escea moi especial, do libro A figueira de Pelostortos
  • Participaremos na exposición conxunta que estamos a preparar todas as Bibliotecas Escolares que pertencemos ao PLAMBE dos concellos de Viveiro e Xove. a exposición leva por título "De onte a hoxe...lembrando o pasado". A inauguración será o vindeiro mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas.
A esta exposición irán unha selección dos traballos que fixéchedes coas vosas familias (algúns deles xa están expostos no colexio), xa que por falta de espacio é imposible levalos todos. Dende a Bibliosoños felicitamos a todas as familias pola gran participación e o entusiasmo posto nos traballos. 
Sen dúbida estamos no camiño de conquerir os obxectivos que nos marcabamos con esta actividade:
a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.


18/4/12

De onte a hoxe...

Xa podemos ver no noso colexio a exposición dos traballos  "De onte a hoxe: lembrando o pasado"



11/4/12

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012

NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 
PODEMOS LER:
Os vindeiros 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reunirá a 315 asistentes nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012. Nesta ocasión danse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén haberá espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".