30/1/17

Día Escolar da Paz e Non Violencia



No noso colexio levamos a cabo unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o Amor é mellor que o odio, a Non-Violencia mellor que a violencia e a Paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).

Foron moitas e variadas as actividades que levamos a cabo na semana pasada para traballar os valores que emanan deste día:
  • Concurso de adhesivo (pegatina) con debuxo e lema para conmemorar esta data.
o   As gañadoras foron Antía López de 4º de primaria e Julia Otero de 5º de infantil.
  • Murais conmemorativos, letras pola paz…
·         Hoxe cantamos as cancións que preparamos:
o   Unha cura de amor (infantil e 1º e 2º curso)
o   Vois sur ton chemin (Da película Los chicos del coro). Toda a primaria
o   O teu inimigo (Canción traducida ao galego de Pablo López) con coreografía incluída.
  •  Rematamos cunha SOLTA DE POMBAS todos xuntos no patio do colexio. 
  • No seguinte vídeo podemos ver un resumo do que fixemos.


Ambientamos o noso cole para conmemorar o Día Escolar da Paz

Para conmemorar o Día Escolar da Paz e Non Violencia todos os anos facemos murais e traballos para ambientar o noso colexio.


No seguinte vídeo podemos velos.

27/1/17

Xa temos gañadoras do concurso do ADHESIVO POLA PAZ

Noraboa a todas e todos os participantes, fixéchedes uns traballos moi orixinais e bonitos! 
Nesta ocasión foron dúas nenas as gañadoras: 
  •  Julia Otero, de 5º Infantil, polo seu debuxo. 
  • Antía López, de 4º Primaria, polo seu lema:   
"O amor é o primeiro paso para un longo camiño 
de paz"

26/1/17

Traballamos para a PAZ

O vindeiro luns, 30 de xaneiro, celebraremos O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, pero durante estas semanas previas estamos levando a cabo un montón de actividades que podemos ver no 


Votádelle unha ollada




25/1/17

Traballando o IMPRESIONISMO

 
O alumnado de 4º curso, xunto coa súa titora Xulia, traballaron sobre a vida e obra de Vicent van Gogh e especialmente o cadro dos xirasois.

Para complementar o traballo fixeron un vídeo-conto da obra de Laurence Anholt "Camille e os xirasois"; traducíronno ao galego e puxeron as súas voces.

23/1/17

Viaxe cultural de 5º e 6º curso

O venres, 20 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria, acompañados polos profesores Paco e Rosa, fixeron unha viaxe cultural á A Coruña onde visitaron os Museos Científicos:

20/1/17

Mural sobre o Impresionismo de 1º e 2º curso

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso, xunto coas súas titoras,  acaban de rematar o Mural sobre O Impresionismo. No mesmo quedan recollidas:


18/1/17

17/1/17

Mural de 3º e 4º curso sobre o Impresionismo

O alumnado de 3º e 4º curso traballaron a figura de VINCENT VAN GOHG, centrándose en dúas das súas obras:
Os xirasois ou mirasois (4º curso) 
 O cuarto (3º curso)
 Breve reseña biográfica,
interpretacións sobre o cadro "Os xirasois" e
reprodución do cadro "O cuarto de Van Gogh".
Temos máis información na páxina do Proxecto Documental 

 

13/1/17

Exposición de libros novos

Xa están preparadas para entrar na BIBLIOSOÑOS unha chea de libros novos que mercamos nos meses anteriores. 
Algúns son libros de consulta e información para traballar no Proxecto Documental sobre o Impresionismo; os demais son para ler nas aulas e tamén para levar ás vosas casas para que os disfrutedes.



12/1/17

Proxecto do curso 16-17

O proxecto para traballar conxuntamente este curso, está relacionado coa pintura e concretamente co IMPRESIONISMO
Queremos conseguir con este proxecto, un achegamento ao mundo da pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos.
Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras.
Non pretendemos por tanto, preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se  exprese. Debuxar e pintar para comunicarnos cos demais.
Propoñemos  o  traballo  da Expresión  Plástica  e,  máis  en concreto,    do Impresionismo, a través deste  proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os   que   constrúen   as súas   propias   aprendizaxes   a través da experimentación,   a observación  e  a manipulación,  favorecendo  o desenrolo  da autonomía,  a imaxinación e a creatividade.


COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.

Todo o relacionado co proxecto quedará recollido na seguinte páxina de recursos:

https://sites.google.com/site/proxectodocumentalintegrado/

Nela tamén atoparemos moita información para levar a cabo os diferentes traballos