29/10/14

Celebramos o SAMAÍN

No noso colexio celebramos o SAMAÍN.
Este ano como estamos a traballar sobre a alimentación, as nosas cabazas disfrazáronse de alimentos.
Fixemos dúas exposicións: unha de infantil e outra de primaria.
No seguinte vídeo podemos vela e tamén escoitar como fondo musical a
DANZA MACABRA de Saint-Saëns



Para celebrar o Samaín os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a canción 
"O Samaín".
O mércores, 29 de outubro fixemos a gravación en vídeo na Bibliosoños e quedou así de ben.

27/10/14

Xa se achega o Samaín

Secretaría Xeral de Política Lingüística


Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística podemos atopar unha recompilación de actividades para traballar estes días previos á celebración do SAMAÍN.

Nós tamén temos unha páxina recompilatoria de actividades, para entrar clica na bruxa.

Outono-Magosto-Samaín


Celebración NA BIBLIOSOÑOS.  Outono, Magosto, Samain

26/10/14

Aniversario de MAFALDA

http://www.quino.com.ar/mafalda-50-anos/

Mafalda, una niña de 50 años

El popular personaje de Quino cumple este 2014 cincuenta años y aunque sus tiras no se publican desde 1973, sigue siendo una figura reconocida a nivel internacional, con fans en casi cualquier rincón del planeta.

QUINO

Joaquín Salvador Lavado, nace, hijo de inmigrantes españoles, andaluces, en la ciudad de Mendoza (Argentina) el 17 de julio aunque en los registros oficiales conste nacido el 17 de agosto. Desde que nació se lo llamó Quino para distinguirlo de su tío Joaquín Tejón, pintor y dibujante publicitario con quien a los 3 años descubre su vocación. Comienza la escuela primaria donde descubre que su verdadero nombre es Joaquín y vive las dificultades de su personaje Felipe: «Me angustiaba tanto que en los primeros tres meses tenía malas notas, pero después terminaba el año con notas altas, aunque nunca era el primer alumno y eso me daba bronca».

Todos los libros de Mafalda online

24/10/14

Hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

Aquí podemos ver un pequeno vídeo das actividades que fixemos para esta gran celebración.



No seguinte vídeo podemos ver a dramatización do conto "UNHA MOSCA NO CALDO"
a cargo dos alumnos e alumnas de 3º curso. A súa profesora Angélica fixo a seguinte adaptación.

22/10/14

Preparando actividades

Durante toda a semana estamos a preparar moitas actividades para celebrar o 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O venres, 24 de outubro faremos:
  • Exposición de Novos Libros para a Biblioteca.
  • Dramatización do conto Unha mosca no caldo, a cargo dos alumnos e alumnas de 3º curso, xunto coa súa profesora Angélica.
  • FORMACIÓN DE USUARIOS.                            

16/10/14

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTAIÓN


 Dende 1981 celébrase o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, data que se escolleu por ser o día en que se fundou a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, en 1945.

A alimentación é a base sobre a que se sustenta o noso organismo e polo tanto a nosa saúde, non debemos descoidar os nosos hábitos, comer 5 veces ao día, equilibradamente, sen esquecer as 5 porcións entre froitas e hortalizas. É importante que a poboación teña unha educación en materia de nutrición, por iso "5 ao día" céntrase nos máis pequenos, para que dende unha idade temperá coñezan as bondades das froitas e as hortalizas.
Sendo hoxe o Día Mundial da Alimentación temos que tomar conciencia da importancia que ten esta na nosa saúde. A Organización Mundial da Saúde (OMS) advirte que todos os países deben actuar de forma máis decidida, fomentando a actividade física e unha alimentación sa, incluíndo as 5 porcións entre froitas e hortalizas.

14/10/14

Un libro para aprender bos hábitos saudables

http://www.osbolechas.com/
Dentro do Plan Xermola, activado pola Xunta para loitar contra a obesidade, o ilustrador Pepe Carreiro crea este conto no que se dan consellos para facer exercizo, comer ben e manter hábitos saudables. 









Ademais, habilitouse a web www.osbolechas.com/saude,
 na que os menores e as súas familias poden descargarse o último conto de Carreiro, pósters, recortables e guías de hábitos saudables. Estas guías dan consellos sobre como facer unha merenda saudable, a importancia da auga ou a relación entre sono e obesidade.

13/10/14

Máis sobre as MOCHILAS VIAXEIRAS

Antía, alumna de 2º curso de primaria, xa levou a MOCHILA VIAXEIRA á súa casa. Compartiuna coa súa familia e fixo un bonito debuxo e comentario no caderno e que podemos ver na seguinte presentación.


Un novo libro na Bibliosoños

http://juanhernaz.blogspot.com.es/2012/04/la-colmena-viajera-travelling-beehive.html
A colmea viaxeira é un conto creado para nenos, adultos e entomólogos, magnificamente escrito polos biólogos Elena García e Manuel Ángel Rosado... e a abella Poli.
Trátase do primeiro libro ilustrado que aborda de cheo unha temática tan complexa como a importancia da apicultura para o noso modo de vida actual. Unha obra documentada de xeito preciso, con vocación literaria, científica e didáctica, que se complementa cunha guía docente para todos aqueles lectores, mestres, nenos e adultos, que desexen ler entre liñas e ver entre imaxes.


O LIBRO (Clica para ver e ler máis) 

http://botanico.gijon.es/page/11399-la-colmena-viajera

9/10/14

Poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS


Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun libro que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

No que solicitamos a colaboración das familias para expresar o que observan con respecto aos hábitos de lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade, as súas propostas de mellora..

7/10/14

Un fermoso libro

Acaba de chegar á BIBLIOSOÑOS este fermoso libro: La pequeña oruga glotona de ERIC CARLE, en formato  mini desplegable.






1/10/14

Unha cita moi especial

V Xornadas de Bibliotecas Escolares

 Está aberto o prazo de inscrición para as V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, que se organizan para os vindeiros 7 e 8 de novembro de 2014, en Santiago de Compostela (Pazo de Congresos).