30/4/21

Sesión de teatro online para alumnado de Infantil

O mércores, 26 de abril, o alumnado de Infantil tivo a oportunidade de participar na proxección online da obra teatral "As fabas máxicas" de CARAMUXO TEATRO,  a través das actividades escolares Afundación.

Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.

Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.


29/4/21

PROGRAMA DE RADIO Nº 6: "Abril, mes dos libros"

Para rematar o mes de abril, no que as actividades sobre os libros tiveron moita relevancia, publicamos o programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Bruno, Nicolás F., Lía, Helena e Alison, titulado "Abril, mes dos libros".



23/4/21

23 de abril, DÍA DO LIBRO

No día de hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria, repartiru polas diferentes clases, tiras de citas para animar a ler, así cada nen@, ó sair da súa aula, podía coller unha tira e quedarse con ela. 

Por outra parte,  con motivo deste día, a Deputación de Lugo a través da Concellería de Cultura do Concello de Viveiro, entregounos o exemplar titulado "Cen historias máxicas pola Mariña Encantada", de Antón Reigosa.

A obra recrea historias sobre quince concellos da Mariña e complétase con 60 ilustracións de Neira Brochs. 

Como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña".


 

21/4/21

DÍA DO LIBRO, as nosas actividades

Este venres celebramos o Día do Libro, e por iso esta semana estivo dedicada a levar a cabo moitas actividades para conmemorar esta data tan especial e recordarnos todos os beneficios que nos aporta a lectura. 
A continuación, no seguinte Genially (preme na imaxe), amosamos un resumen destas actividades realizadas por todos os cursos.

VÍDEO RESUMEN DAS ACTIVIDADES
 

15/4/21

APRENDENDO XEOGRAFÍA

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria levaron a cabo un proxecto de xeografía. Dito proxecto consistiu en deseñar unhas maquetas para representar os distintos elementos do relevo, empregando diferentes técnicas e materiais.

No seguinte vídeo, podedes ver estas maquetas tan chulas.