27/2/13

Preparando "Unha primavera de poemas"



Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Por iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos que se indican. 
Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data tope o luns, 18 de marzo.
Cos traballos faremos unha exposición no propio centro coincidindo coa chegada da primavera e o Día da Poesía (21 de marzo) e durante o mes de maio, unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

25/2/13

Hoxe homenaxeamos a Rosalía na Bibliosoños

Sesión de Formación de Usuarios Na Bibliosoños con motivo da Homenaxe a Rosía de Castro. Todos os ciclos participaron nesta actividade para  recordar á nosa máis "Ilustre galega"

 


20/2/13

Día Internacional da Lingua Materna


Desde o ano 2000, a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna.

Este ano, o Día Internacional da Lingua Materna está dedicado “ao plurilingüismo para unha educación inclusiva”, tal e como explica Irina Bokova, directora xeral da UNESCO, na mensaxe difundida con motivo desta celebración.

 

15/2/13

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro 24 de febreiro, será o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" (1863-2013), por iso na Bibliosoños fixemos esta presentación e musicamos o poema "Has de cantar" para que o poidamos cantar todos xuntos.

 
Tamén podemos atopar moita información na páxina especial que lle adicamos a 

6/2/13

Vídeo da actividade "Mensaxes nunha botella"


Podemos atopar toda a información na páxina do 

1/2/13

Charlas informativas


Dentro do Proxecto O MAR tivemos unhas charlas informativas sobre Salvamento Marítimo, a cargo de Tito Villarmea Méndez.

Podemos ver toda a información na 

Libros no mes de febreiro

Damos comezo co tempo de Entroido

Rematamos coas actividades complementarias sobre A Paz e xa imos comezar coas do Tempo de Entroido .
A primeria das actividades que poñemos en marcha é
 O Meco manda...

Todas as actividades  podemos seguilas no Blog do Entroido