24/6/22

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

  O pasado mércores, 15 de xuño, o alumnado de Infantil foi de excursión ao Monte San Roque, invitados pola ANPA, onde realizaron  distintas actividades: visita aos animais, paseo e contacontos cun “trasgo”, xogamos  nos hinchables e puidemos  tirarnos nas tirolinas. Pasámolo xenial! Neste video podedes ver algúns destes momentos. Moitas grazas a ANPA por organizar esta xornada.

 


O martes, 21 de xuño, todo o alumnado de Primaria tamén acudiu ao monte San Roque para disfrutar das actividades programadas por Roqsport. Foi unha actividade promovida pola ANPA do colexio.


O último día do curso fixémoslle unha pequena homenaxe ao "Resu": vestíndonos coas roupas propias para asistir a este evento, realizamos murais que logo pegamos no pavillón que van utilizar persoal da organización, bailamos, cantamos e  ...

tamén tivemos un momento moi especial para despedir a varios profesores que estiveron este curso no colexio e especialmente á mestra Angélica que se xubila despois de levar moitísimos anos no cole de Celeiro. 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



13/6/22

XORNADA MEDIOAMBIENTAL


Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 A xornada dividiuse en 4 ambientes diferentes:

  • a primeira hora, todo o alumnado decorou a súa capa de superheroe e superheroína, con ela convertíronse en especialistas no coidado do Medio Ambiente
  • unha xincana de recolecta de lixo, 
  • proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta
  • un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña.
O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. O concurso está aberto ata o día 18 de xuño.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN
PREMER NA IMAXE

VÍDEO DA XORNADA




11/6/22

Falamos de emocións!

 O alumnado de 6º de Primaria preparou na clase de Educación Emocional o conto "La pelota roja" do libro De mayor quiero ser...FELIZ, de Anna Morató García.

Durante a semana pasaron por todas as aulas de Infantil e de 1º a 4º de Primaria, na Hora de Ler. 


Desfrutaron tanto os ouvintes como os lectores.

Foi unha actividade moi instructiva e divertida!

Tamén lles fixeron participar en varias actividades preparadas por eles mesmos.

No seguinte vídeo podemos ver a intervención na aula de 3º de Primaria.

PREME NA IMAXE


 

9/6/22

VISITA AO HELIPORTO DE CELEIRO

    

Todo o alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións do Heliporto de Celeiro.

O Heliporto Costa Norte é un heliporto situado na localidade de Celeiro, no Concello de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados. Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. 
Na visita, dous pilotos e dous rescatadores, explicáronlles como era o seu traballo. Observaron os diferentes aparellos que utilizan para levar a cabo un rescate e tamén desfrutaron da experiencia de meterse dentro dun helicóptero.
 
Esta visita está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".
 
MOITAS GRAZAS  A TODO O PERSOAL DA BASE POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CO ALUMNADO DE CELEIRO!
 
 PREMER NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS DA ACTIVIDADE
 




 

8/6/22

TRABALLOS DO ALUMNADO DE INFANTIL

Dentro do Proxecto "Coñecemos Celeiro", o alumnado de Infantil elaborou un gran mural que recolle a localidade de Celeiro coas localización máis salientables. 

Sinalizaron cada punto e elaboraron unha postal para identificar o lugar. 

Previamente percorreron todos os lugares en varias visitas que realizaron por Celeiro para coñecer de preto o lugar, as instalacións e para o que son necesarias as mesmas. 

O resultado final podemos velo no seguinte vídeo.

 PREMER NAS IMAXES


 Dentro destas visitas estivo a do parque de bombeiros situado tamén en Celeiro.

Na visita explicáronlles como funciona o servizo, poideron ollar e tocar diferentes instrumentos e aparellos. Tamén lles deron un "carnet de bombeiros" e un pequeno casco.

Foi unha visita por instrutiva e pasárono moi ben!


 


XORNADA DE TRABALLO NO COLEXIO

 Na tarde do martes, 7 de xuño, rematamos o proxecto de creación de "PATIOS DINÁMICOS E DIVERTIDOS" e tamén foi o momento do traballo do Voluntariado de ALCOA.

No mes de outubro tivemos unha reunión coa ANPA do colexio e da mesma saíron moitos proxectos de colaboración, entre eles a posibilidade de realizar pintado de xogos nos patios do colexio. 

  • Primeiramente fixemos unha convocatoria de ideas: XOGOS NOS PATIOS DE RECREO
  • Unha vez elixidos os xogos máis populares comezaron coa división dos patios e co pintado dos primeiros xogos.
  • Por último, coa colaboración do voluntariado de ALCOA, pintáronse os últimos xogos.
  • Nesta mesma tarde, tamén o voluntariado de ALCOA fixo as tarefas de mantemento e limpeza da charca e do entorno medioambiental do colexio. Este proxecto foi solicitado pola ANPA, o que lles proporcionou unha gran subvención e donaron ao colexio unha estación meteorolóxica dixital. Gracias a todos os voluntarios!

Aproveitamos para agradecer á directiva da ANPA toda a colaboración prestada para poder realizar moitos proxectos en común.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA


 


5/6/22

CONCURSO MEDIOAMBIENTAL CONVOCADO POR PORTO CELEIRO

ESCOLARES DE CELEIRO CELEBRARÁN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA APERTURA DO CONCURSO DE MANUALIDADES PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

O alumnado do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos poderán participar, dende este domingo,  día Mundial do Medio Ambiente, no concurso de manualidades sobre a súa visión sobre o mar, terán que plasmar como ven eles esta materia tan valiosa, limpo, sucio, con peixes, sen eles… Esta, será temática protagonista desta xornada, un Día Mundial do Medio Ambiente que este ano leva como lema “unha soa terra”.

O domingo, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, sairon as bases deste concurso na web do Porto de Celeiro (www.puertodeceleiro.es ) e tamén a través da web do CEIP Celeiro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro/) e desta maneira arrancará o período de inscrición e recepción de traballos que terá lugar ata o 18 de xuño, Día da Gastronomía  Sostible.Nas bases daranse a coñecer todas as características que teñen que ter os traballos presentados e tamén os premios establecidos, que son: premio á orixinalidade e premios á mellor técnica. As e os gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, e serán entregados o 23 de xuño. Este ano, como novidade, todas as aulas do centro recibirán un agasallo que consistirá nun microscopio dixital de detalle e precisión.

O concurso estará destinado a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos.

Pero isto non é todo, dende o Porto de Celeiro, encherán de actividade o centro o día 9 de xuño, xornada posterior ao Día Mundial dos Océanos, con obradoiros e actividades para todo o colexio, dende os 3 aos 12 anos. Unha xornada que dividirá a mañá en 4 ambientes diferentes: a primeira hora, todo o centro decorará a súa capa de superheroe e superheroína, con ela converteranse en especialistas no coidado do Medio Ambiente, a continuación farase unha xincana de recolecta de lixo, tamén haberá a proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta, e un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña. O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.

Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

DAS BASES DO CONCURSO

2/6/22

Camiño do Mar por Celeiro



 Na mañá do martes, 31 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de realizar o percorrido do "CAMIÑO DO MAR" pola localidade de Celeiro acompañados de Lucas Requeijo e Noela Feal, responsables deste proxecto.

Comezaron o camiño desde o pavillón polideportivo do colexio pasando polo camiño da Atalaia, Camiño Real, Rúa Grande, praia de Celeiro, Rúa Lavandeiras para chegar ata o Chao de volta ao colexio.