13/6/22

XORNADA MEDIOAMBIENTAL


Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 A xornada dividiuse en 4 ambientes diferentes:

  • a primeira hora, todo o alumnado decorou a súa capa de superheroe e superheroína, con ela convertíronse en especialistas no coidado do Medio Ambiente
  • unha xincana de recolecta de lixo, 
  • proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta
  • un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña.
O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. O concurso está aberto ata o día 18 de xuño.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN
PREMER NA IMAXE

VÍDEO DA XORNADA




No hay comentarios: