5/6/22

CONCURSO MEDIOAMBIENTAL CONVOCADO POR PORTO CELEIRO

ESCOLARES DE CELEIRO CELEBRARÁN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA APERTURA DO CONCURSO DE MANUALIDADES PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

O alumnado do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos poderán participar, dende este domingo,  día Mundial do Medio Ambiente, no concurso de manualidades sobre a súa visión sobre o mar, terán que plasmar como ven eles esta materia tan valiosa, limpo, sucio, con peixes, sen eles… Esta, será temática protagonista desta xornada, un Día Mundial do Medio Ambiente que este ano leva como lema “unha soa terra”.

O domingo, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, sairon as bases deste concurso na web do Porto de Celeiro (www.puertodeceleiro.es ) e tamén a través da web do CEIP Celeiro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro/) e desta maneira arrancará o período de inscrición e recepción de traballos que terá lugar ata o 18 de xuño, Día da Gastronomía  Sostible.Nas bases daranse a coñecer todas as características que teñen que ter os traballos presentados e tamén os premios establecidos, que son: premio á orixinalidade e premios á mellor técnica. As e os gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, e serán entregados o 23 de xuño. Este ano, como novidade, todas as aulas do centro recibirán un agasallo que consistirá nun microscopio dixital de detalle e precisión.

O concurso estará destinado a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos.

Pero isto non é todo, dende o Porto de Celeiro, encherán de actividade o centro o día 9 de xuño, xornada posterior ao Día Mundial dos Océanos, con obradoiros e actividades para todo o colexio, dende os 3 aos 12 anos. Unha xornada que dividirá a mañá en 4 ambientes diferentes: a primeira hora, todo o centro decorará a súa capa de superheroe e superheroína, con ela converteranse en especialistas no coidado do Medio Ambiente, a continuación farase unha xincana de recolecta de lixo, tamén haberá a proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta, e un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña. O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.

Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

DAS BASES DO CONCURSO

No hay comentarios: