24/2/17

Gran Festa de Entroido no Colexio


Hoxe, a partir da hora do recreo, tivemos unha gran festa no cole:
  • Comimos larpeiradas e chocolate quentiño feito con moito cariño por Enrique. Estaba todo boísimo!
  • A continuación fixemos un desfile por todo o barrio do Chao. As nosas familias agardábannos con moita espectativa e ilusión.
  • Xa no patio do colexio cantamos as cancións que preparamos esta semana para animar o Entroido: A maxia do Carnaval, Canción do Entroido e Os pintores.
  • Por último fixemos bailes e xogos. Que ben o pasamos!
Nos seguintes vídeos podemos ver un resumo desta gran festa.



22/2/17

Unha actuación musical moi especial!

https://www.fundacioneuson.es/grupo-de-m%C3%BAsica/
Hoxe tivemos a visita dun grupo de rapaces e rapazas usuarios da Fundación Eu Son de Burela.




Xunto co seu profesor Óscar deleitáronnos cunhas bonitas cancións que acompañaron con instrumentos de percusión: caixón flamenco, maracas, pandeiretas e tubos de son determinado.
Gustounos moito o seu traballo e o seu entusiamo, fixéronnos pasar uns momentos moi agradables e entrañables.
Dámoslles as grazas pola súa visita e esperamos contar con eles novamente moi pronto.



21/2/17

Xa se achega o Entroido!

Estamos preparando o Entroido, faremos a nosa Gran Festa o venres, 24. Ímolo pasar moi ben!
Este ano o tema dos disfraces está relacionado co noso Proxecto Documental Integrado "A pintura: o Impresionismo"









Exposición de libros e traballos

20/2/17

EU= QUE TI

O noso centro está participando no Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa
EU=QUE TI
que promove ASPANANE
https://www.aspanane.org/#inicio
Asociación de nen@s e adolescentes con necesidades especiais
Este Programa ten como obxectivos mellorar as posibilidades dunha inclusión real das persoas con discapacidade na comunidade. Pretende achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade educativa (Infantil e Primaria) contribuíndo, con ela, no fomento de actitudes e valores como a solidariedade, o respecto e o apoio mutuo.
Participan no programa:
  • Encargada: Isabel Otero Rodríguez
  • Usuarios e usuarias: José Manuel Vázquez , Mª José Rivas, Sara Breijo, Luis Tiagonce, Oliva Ferro , Fran Serantes, Belinda Parapar, Fernando Lamelas, Ángeles Pérez.
A través de Unidades Dicácticas levan actividades prácticas nas que o alumnado, a través de diferentes dinámicas e de maneira activa, acadará un maior coñecemento e empatía cara as persoas con discapacidade. 
Cinefórum. A través de diferentes vídeos preténdese que o grupo reflexione e interiorice as vivencias dunhas realidades e actitudes proxectadas neles.

A acollida do Programa por parte do noso alumnado está sendo excepcional, participan activamente das actividades e amósanse curiosos ante as preguntas e retos que se lles plantexan.
Sorprende a empatía e os lazos que se crean  cos usuarios e usuarios de ASPANANE.

Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación  a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.

 

18/2/17

ROSALÍA-TE

Hoxe todas e todos no colexio fumos Rosalía.
Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal devolveu ao galego o seu carácter de lingua culta, foi precursora da poesía española moderna e unha pioneira do pensamento feminista.
É autora de obras inmortais como Follas Novas, Cantares Galegos ou En las orillas del Sar. 
Foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo, que empregou o galego na literatura cando aínda ninguén o facía. Nas súas obras reflectiu a situación desa Galicia máis dolorida e maltratada, desangrada pola emigración. Denunciou a pobreza do campesinado galego ou a precaria situación laboral. A efectos históricos, a súa obra converteuse no primeiro canto de referencia para unha Galicia que se transforma.

Participamos na proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  promove para este venres, 17 de febreiro: Rosalía Te

  • Caracterizámonos de Rosalía e marchamos cara á Praza do Chao onde lemos e cantamos poemas de Rosalía.  
  • No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto:
  • Neste outro vídeo os nenos e nenas de infantil participando no ROSALÍA-TE


15/2/17

Un concurso de debuxo escolar

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro convocan a 
II edición do Concurso de Debuxo escolar "MAMÁ TRABALLADORA" 
para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo)
As bases podedes lelas na seguinte presentación:




13/2/17

Celebramos o Día de Rosalía de Castro

https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-curso-16-17 Clica na imaxe para máis información

Durante toda esta semana imos estar con ROSALÍA; o seu verdadeiro día é o 24 de febreiro, pero como coincide coa nosa Festa do Entroido imos celebralo o venres, 17.
Este ano faremos as seguintes actividades:

9/2/17

Aprendemos co pintor Roque Fanego


http://www.roquefanego.com/index.html
http://cultura.galiciadigital.com/autor/fanego-roque
Durante a mañá do xoves, 9 de febreiro, contamos coa visita do pintor viveirense Roque Fanego que impartiu un obradoiro de pintura.
Esta actividade vai destinada a todo o alumnado de Primaria e forma parte do Proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo este curso e que xira en torno á pintura e en especial sobre
O IMPRESIONISMO
Entrevista ao pintor:
Vídeo do obradoiro e proceso creativo do pintor: 
 

6/2/17

Máis libros novos

Novos libros para a Bibliosoños: acabamos de catalogar estes fermosos libros; podédeslles votar unha ollada, logo irán para a Biblioteca onde poderedes collelos para levar ás vosas casas.



2/2/17

Unha sesión de contacontos na Bibliosoños

Todos os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sesión moi especial na Bibliosoños pois a profesora Cristina contoulles o conto ZERALDA E O DRAGÓN de Agustín Fernández Paz.
Con el participamos na actividade 21 DÍAS CO GALEGO. 
A actividade rematará coa elaboración dun vídeo no que os nenos e nenas recomendarán o conto a outros nenos e nenas que o queiran ler.

Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa. Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.


Na sesión de lectura do conto pasámolo moi ben e despois comentamos o que máis nos gustou e a quen lle podía gustar este libro.

1/2/17

O noso proxecto documental integrado deste curso vai avanzando

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
No noso centro escollimos como tema de estudo a pintura e concretamente o  IMPRESIONISMO.

Nos seguintes enlaces podemos ver os diferentes traballos que imos rematando
9.-"OS NENÚFARES, de Claude Monet (2º curso)