29/5/19

Excursión fin de curso de 3º e 4º de Primaria

O martes, 28 de maio, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria fixeron unha excursión a Lugo, onde visitaron:
Nesta saída poideron apreciar e ver os restos e a evolución da historia de Lugo, dende a Prehistoria ate os Romanos.




Cartel e programa da 8ª edición da Microrrede A MARIÑA








27/5/19

Un novo programa de "Radio na Biblio" moi especial

Acabamos de rematar de editar un novo programa de RADIO NA BIBLIO  dedicado exclusivamente á entrevista  que lle realizamos á escritora María Canosa por parte  das alumnas de 6º curso: Ana, Leire, Ánxela, Candela e Julia.
Neste programa xa poidemos contar con todos os materiais cos que vai contar o noso estudio de radio que durante este curso estivo na Biblioteca pero para o vindeiro curso contamos ter un estudio propio. Xa iremos informando de todos estes cambios.

Novamente queremos agradecerlle a María Canosa a súa amabilidade para co noso colexio.
 
VÍDEO DE COMO O FIXEMOS

PÁXINA DA RUFOSOÑOS

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal

24/5/19

María Canosa, unha visita moi especial











https://www.cga.es/
Durante a mañá do mércores, 23 de maio, a escritora María Canosa estivo no noso colexio gracias á xentileza do COMERCIAL GRUPO ANAYA.

Durante a súa visita tivo un encontro na Biblioteca do centro co alumnado de Infantil; a continuación, no Salón de Actos, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso escoitáronna con moita atención e puideron facerlle un montón de preguntas moi interesantes que ela respondeu moi atentamente.
Despois tiveron a oportunidade de que lles asinaran os seus libros.
Rematamos novamente na Bibliosoños onde Ana, Leire, Ánxela, Candela e Julia fixeron un programa de radio nunha entrevista que moi pronto poderemos escoitar.
Queremos agradecerlle ao Grupo Anaya e especialmente a María  a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade para con todos nós.


20/5/19

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. 

No colexio celebramos este día tan importante con varias actividades que puxemos en común nun pequeno festival: 



  • O alumnado de 5º curso tivo unha "Conversa con Antón Fraguas"
  • O alumnado de 1º curso cantou unhas estrofas do "Cancioneiro de Cotovade"
  • O alumnado de 2º curso fixo un Apadriñamento Lector coa dramatización do conto "A serpe e o arco da vella"
  • O alumnado de 6º curso "rapeou" a Antón Fraguas e a Viveiro.
  • Finalmente, todos xuntos, cantamos o Himno Galego
No seguinte vídeo podemos ver un resumo


17/5/19

I Concurso de Podcasts

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de abril de 2019, o I Concurso de podcasts- Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Radio galega (CRTVG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Convocatoria 2 de abril de 2019

O CEIP de Celeiro-Viveiro (Lugo) presentou dous arquivos en mp3 dentro da Modalidade II (alumnado de 6º curso).
A aula de 6º curso, formada por 25 nenas e nenos, foi a encargada da realización dos Podcasts, baixo a supervisión da súa titora Rita Lamas Álvarez, a coordinadora de EDLG Bibiana Santos Docal, a coordinadora da Biblioteca Marta Pérez Lage e a Xefa de Estudos Eva Martínez Baltar.
A clase dividiuse en dous grupos despois de decidir os temas que querían traballar. 
· O primeiro realizou un programa monográfico sobre a figura de Antón Fraguas Fraguas.
· O segundo realizou unha “cuña publicitaria” baixo o título: VISITA O CONCELLO DE VIVEIRO.
Metodoloxía de traballo de cada grupo:
·        Deseño do programa a realizar: Estrutura do mesmo
·        Equipos de traballo para:
  • Procura da información: A través dos materiais facilitados  pola Biblioteca Escolar (dixitais, escritos, libros…)
  • Reparto de tarefas como técnicos, presentadores, equipo de edición do programa

16/5/19

O alumnado de Infantil presenta o seu traballo sobre o Proxecto. "Ao abeiro dos nosos montes"


Os nenos e nenas de Infantil fixeron este mural como peche do traballo sobre o proxecto que traballaron ao longo deste curso "Ao abeiro dos nosos montes"
Nas aulas estudaron distintos aspectos das plantas e árbores: 
  •  como seres vivos 
  •  as súas partes e as funcións que desempeñan 
  • o seu ciclo vital... 
Tamén investigaron sobre como coidar os bosques, xa que descubriron a importancia que teñen as árbores para a nosa vida. 
Trataron de representar esta información de xeito diferente con desplegables, rodas, libriños... 
Cada aula elixiu unha árbore das que medran ao redor do colexio para estudala máis polo miúdo. 
Na aula de 3 anos traballaron o acivro, a aula de 4 anos investigou sobre a moreira e na aula de 6 anos elixiron a pereira, o castiñeiro, o carballo e o piñeiro. 
Quedou un mural moi completo e para explicalo realizaron este vídeo. 
Esperamos que vos guste!!!


14/5/19

Outro traballo do proxecto "Ao abeiro dos nosos montes"

Seguimos presentando traballos relacionados co proxecto deste curso "Ao abeiro dos nosos montes".
Nesta ocasión o alumnado de 2º curso remataron os murais sobre O CASTIÑEIRO e O PIÑEIRO. Tamén fixeron os vídeos que pertence ao traballo "Colección de árbores de 2º curso".

13/5/19

"A nosa flora". Charla Informativa con Vanessa Iglesias

O venres, 10 de maio, tivemos a visita de Vanessa Iglesias Sánchez, nai da alumna de 2º curso, Irea vale.

Vanessa é Técnico de Medioambiente e moi amablemente veu ao noso colexio para falarnos da importancia das árbores, das súas enfermidades e plagas, da prevención de incendios, das plantas de uso mediciñal, da flora exótica invasora, das árbores senlleiras do noso entorno...
Foi unha charla moi entretida e aprendemos moitas cousas máis sobre as árbores.

Dámoslle as gracias pola súa amabilidade para co noso colexio. 
MOITAS GRACIAS VANESSA!!!







10/5/19

Novas doazóns de libros

A alumna Noa Fernández e o alumno Kevin Crespo, ámbolos dous de 4º curso de primaria, fixeron doazón á Bibliosoños do libro "Smerling: en la tela de araña", que acaban de ler dentro do proxecto de lectura colectiva na aula.
Thaïs Palmeiro, tamén donou o libro "El oso de peluche".
Sara Asmerón fixo doazón de tres libros, dous da colección de Tea Stilton e un da colección Junie B. Jones .
Andrés Vasile  de 4º curso donou Asterix en los Juegos Olímpicos.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA XENEROSIDADE!!!

9/5/19

CHARO PITA E XOÁN CURIEL NO TEATRO PASTOR DÍAZ

O alumnado de 5º e 6º curso disfrutou dunha obra musicada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra trataba de dous conferenciantes que relataban a vida de Antonio Fraguas en cancións.
Contaron historias populares como por exemplo a dun rei que se aburría e para divertirse convidou á xente do pobo a que contestaran tres preguntas: a primeira, cantos cazos de terra farán falla para igualar a montaña máis grande?; a segunda, canto pesaba a lúa?; e a terceira, cantas estrelas había no firmamento?.
Pasámolo moi ben e tamén compartimos o teatro con outros nenos e nenas dos colexios de Viveiro.

RESEÑA REALIZADA POLO ALUMNO 
ANXO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

O ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Viveiro o xoves, 9 de maio,  coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Viveiro.


8/5/19

Traballo do alumnado de 3º e 4º curso

O alumnado de 3º e 4º curso, en relación co proxecto


fixeron un traballo sobre o relevo e as celebracións nos montes de Viveiro. 
  • Comezaron localizando e poñendo nomes ás "quince colinas" que rodean o Concello de Viveiro.
  • Con todo o material elaboraron un pequeno libro con moita información. Logo fixeron un gran mural situando todos os montes e complementaron a explicación no seguinte vídeo

6/5/19

Por fin poidemos celebrar o Día da Educación Física na Rúa

Imos participar no Día da Educación Física na Rúa 2019


Este luns, 6 de maio, por fin poidemos celebrar o Día da Educación Física na Rúa despois de estar esperando que chegase o bo tempo. 
A Profesora de Educación Física Eva preparounos unha danzas populares para poder bailar todo o colexio xunto coas familias e os usuarios do Centro de Día para Persoas con Alzheimer de Celeiro. 
Foi unha actividade moi divertida e agradable para as familias. 
Os nenos e nenas, profesoras e profesoras pasámolo estupendamente e fixemos un montón de exercicio, pois ademais de bailar primeiro tivemos que facer unha pequena camiñata ata chegar á Praza do Náufrago de Celeiro. 



3/5/19

Visita de Anxo Moure ao noso colexio

Na mañá do venres, e de maio, tivemos a visita especial de ANXO MOURE autor de libros como:
A xacia Luviñas, Caramulo e a carpinteira dos soños, A música das árbores, O paraugas dameaugas, Salgadiña, A estrela de Fisterra, O carballo con botas, Na casa das árbores.
 
O Consorcio Editorial Galego foi o encargado de organizar esta sesión para o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria.