Durante a mañá do mércores, 23 de maio, a escritora María Canosa estivo no noso colexio gracias á xentileza do COMERCIAL GRUPO ANAYA.
Durante a súa visita tivo un encontro na Biblioteca do centro co alumnado de Infantil; a continuación, no Salón de Actos, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso escoitáronna con moita atención e puideron facerlle un montón de preguntas moi interesantes que ela respondeu moi atentamente.
Despois tiveron a oportunidade de que lles asinaran os seus libros.
Rematamos novamente na Bibliosoños onde Ana, Leire, Ánxela, Candela e Julia fixeron un programa de radio nunha entrevista que moi pronto poderemos escoitar.
Queremos agradecerlle ao Grupo Anaya e especialmente a María a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade para con todos nós.
1 comentario:
Moitísimas grazas!! O pracer foi meu.
Entre todos formades un centro marabilloso. Quedoume unha lembranza moi grata e agarimosa. Foi un pracer facer, facer confidencias, escoitar, compartir... deixar que soase o timbre do recreo e ver que ningún neno se movía do asento...
Un día emocionante para min, sen dúbida.
Moitísimas grazas por todo o cariño que alí recibín, e tamén o que me chegou desde algún alumno doutro cole que "mandou recado", gran coñecedor dos meus libros.
Todo iso queda no meu corazón por sempre.
De verdade, moitísimas grazas!!!
Agardo vervos de novo axiña, ou nas páxinas dos libros, ou en persoa.
Mil bicos a repartir!
María Canosa
Publicar un comentario