O alumnado de 5º e 6º curso disfrutou dunha obra musicada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra trataba de dous conferenciantes que relataban a vida de Antonio Fraguas en cancións.
Contaron historias populares como por exemplo a dun rei que se aburría e para divertirse convidou á xente do pobo a que contestaran tres preguntas: a primeira, cantos cazos de terra farán falla para igualar a montaña máis grande?; a segunda, canto pesaba a lúa?; e a terceira, cantas estrelas había no firmamento?.
Pasámolo moi ben e tamén compartimos o teatro con outros nenos e nenas dos colexios de Viveiro.
RESEÑA REALIZADA POLO ALUMNO
ANXO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ
O ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e
Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
fará parada en Viveiro o xoves, 9 de maio, coa actividade ‘Canta, miña
pedra, canta’ en colaboración co Concello de Viveiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario