31/10/17

SAMAÍN na Bibliosoños


Outro ano máis polo Samaín os Contos de Medo chegan á Bibliosoños.
  • Que medo, mamá Raquel! e ¡Te aseguro que los montruos no existen!contados pola mestra Cristina Freán Lamela
  • Cocorico, contado pola mestra Rita Lamas Álvarez.
 
 

25/10/17

Preparando o SAMAÍN!

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc. 
Información obtida a través de VIEIROS DA ESCOLA




24/10/17

Hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe a nosa Biblioteca está de celebración e por iso, durante a mañá, fixemos varias sesións con moitas actividades
    • Exposición dos MARCAPÁXINAS realizados nas aulas con motivos relacionados co P.D.I.: Viveiro, o noso Concello.
    • Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
    • Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
    • Presentación do xornal O PAPAGAIO (Abraham carreiro) e o libro O misterio de Portomarín (Antía Yáñez). 
    • Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
    • Visionado do vídeo conmemorativo.
      • Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
      • Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
      • Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso

16/10/17

Outubro, mes da Biblioteca Escolar

Desde o ano 2008, a proposta da  IASL (International Association of School Librarianship) é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da Biblioteca Escolar e todas as súas posibilidades e recursos.
No noso centro a Biblioteca ábrese a toda a comunidade educativa a primeiros de outubro cun amplo programa de actividades que culminan o día 24, Día da Biblioteca Escolar, cun programa máis especial:
Programa para o martes, 24 de outubro:
  • Exposición de marcapáxinas elaborados nas aulas durante este mes. 
  • Exposición de libros novos para a Biblioteca e a Revista o PAPAGAIO do mes de outubro.
  • Sesións na Biblioteca:
    • Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
    • Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
    • Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
    • Visionado do vídeo conmemorativo.
      • Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
      • Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
      • Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso
 

9/10/17

Exposición de refráns, ditos e cantigas do outono

Xa temos expostos os refráns, ditos e cantigas sobre o outono.
A proposta saiu da Bibliosoños e foron moitos os nenos e nenas que participaron con traballos moi elaborados e orixinais. Naraboa a todos os participantes!. 
O día da Biblioteca, 24 de outubro, faremos un sorteo entre todos e recibirán un agasallo.



6/10/17

Canción da Biblioteca Escolar

Este curso imos aprender unha nova canción para a BIBLIOSOÑOS, titúlase "O rato de biblioteca", é un poema do libro CHAFARÍS, de Xoán Neira.

5/10/17

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOSOÑOS

Esta semana estivemos levando a cabo sesións de Formación de Usuarios.
Falamos de:
  • Distribución dos fondos
  • Colocación dos libros nos andeis
  • Como ler as etiquetas
  • Normas da Biblioteca
  • Carnés de usuario
  • Mochilas Viaxeiras en Primaria e Bolsiñas que van e veñen en Infantil
  • Participación nas diferentes propostas da biblioteca
  • Colaboradores ou axudantes