Hoxe a nosa Biblioteca está de celebración e por iso, durante a mañá, fixemos varias sesións con moitas actividades
- Exposición dos MARCAPÁXINAS realizados nas aulas con motivos relacionados co P.D.I.: Viveiro, o noso Concello.
- Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
- Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
- Presentación do xornal O PAPAGAIO (Abraham carreiro) e o libro O misterio de Portomarín (Antía Yáñez).
- Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
- Visionado do vídeo conmemorativo.
- Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
- Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
- Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso
No hay comentarios:
Publicar un comentario