Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica
o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e
novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis
perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as
ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas
veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros
as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das
muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos
mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da
caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos
melóns, ou cabazos,
ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor
galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga
xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por
todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En
Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en
ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que
dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
Información obtida a través de VIEIROS DA ESCOLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario