Os días 23 e 24 de outubro celebráronse as Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia. Neste ENLACE podemos atopar información sobre o programa que se levou a cabo, así coma, sobre os conferenciantes e poñentes das mesmas.
VÍDEOS DAS PONENCIAS E OUTROS MATERIAIS
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
22/10/09
O Principiño
A profesora de Educación Física,Cristina,colleu prestado da Bibliosoños este fermoso libro de Antoine de Saint-Exupéry. Primeiro leuno en galego e agora quere repasalo tamén en castelán. Gustoulle moitísimo!
Seguramente, cando o escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry creou nun hotel de Nova York o extraordinario relato coñecido como "O principiño" non imaxinou que, co paso dos anos, esa obra converteríase nun clásico da literatura universal e traduciríase a case duascentas linguas.
Esta historia onde se abordan cuestións profundas como o sentido da vida, a amizade e o amor, comeza a desenvolverse a partir de que un aviador, tras sufrir un dano no seu avión, pérdese no deserto de Sahara e atopa a un pequeno príncipe.
Este diminuto ser vén do asteroide B612, un planeta que posúe tres volcáns e unha rosa. Alí, o principiño dedícase a coidar a súa terra e a quitar as árbores baobab que, con frecuencia, pretenden crecer pero que, de facelo, poderían partir ao planeta en pedazos.
Cansado dos reproches da rosa, esta criatura decide explorar outros mundos e é así como chega, aproveitando unha migración de paxaros, a visitar seis planetas. En cada un deles, o principiño atopa a diversos personaxes que, á súa maneira, demostraranlle o baleiras, egoístas e ambiciosas que se volven as persoas cando chegan a adultos.
Un deles, un sabio e intelixente xeógrafo que só se interesa polas cousas eternas que non sofren modificacións, será quen lle aconselle viaxar á Terra, onde o principiño non só coñecerá ao aviador perdido, senón que vivirá outras experiencias que o levarán a comprender que "só se ve ben co corazón", porque "o esencial é invisible aos ollos".
12/10/09
CANCIÓN PARA A MASCOTA DA BIBIOTECA
A mascota da Biblioteca, RUFO, VAI TER UNHA CANCIÓN
Os alumnos e alumnas do coro do colexio cantan a CANCIÓN PARA RUFO
11/10/09
Pertencemos ao PLAMBE
Dende este curso xa pertencemos ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia).
Foinos asignado o seguinte orzamento:
Foinos asignado o seguinte orzamento:
Fondos Equipos Mobiliario Gastos fto. TOTAL
3.000 1.500 1.500 300 6.300€
Agora toco traballar moito e pensar ben onde imos invertir esta magnífica cantidade económica.
10/10/09
Resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2009-2010
No DOG od 7 de outubro de 2009 aparece publicada a orde pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2009/2010.
Logo das baixas habidas e a incorporación de 80 novos, o total de
centros integrados no programa de bibliotecas desta comunidade autónoma é
de 299.
Son 299, e aínda máis, as razóns para seguir traballando pola eficacia, a
eficiencia e a visibilidade das bibliotecas escolares galegas. Poñer en
valor a biblioteca escolar do centro, procurando que sexa indispensable
para os compañeiros e compañeiras que a usan no seu traballo de todos
os días, é unha das tácticas para acadar a estabilidade deste recurso
educativo. Pero a estratexia definitiva é traballar para que as
bibliotecas escolares sexan indicadores de calidade da ensinanza que se
ofrece, tal e como o están a demostrar as bibliotecas do Plan de
mellora, e moitas máis, por toda a xeografía galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)