30/1/10

SUPERANDO BARREIRAS

Todo é posible, só temos que intentalo.
Co esforzo e vontade podemos conseguir o que nos propoñamos.

29/1/10

26/1/10

Traballos e Exposición de libros para a Paz

LIBROS QUE FALAN DA PAZ,
DA CONVIVENCIA E DOS VALORES…
honestidade, compañerismo,
repecto, dignidade,
liberdade, compromiso,
esforzo, colaboración…


21/1/10

No colexio imos celebrar o Día da Paz

Estamos ensaiando estas tres cancións para cantalas o venres, 29 de xaneiro, na celebración especial do Día da Paz.









20/1/10

A mascota da Bibliosoños, deixa de ser virtual.

RUFO, xa está presente entre nós.
A ANPA do colexio achegounos a nosa mascota para que estivesa presente na Bibliosoños.
Temos que coidala moito!!!

Todos os nenos e nenas, profesores e profesoras, dámoslles as gracias á ANPA por este agasallo tan bonito e tamén porque donou á Bibliosoños 15 volumes dun libro-cómic sobre VIVEIRO, do autor Manuel Rajal Fernández.


14/1/10

Entrega dos Premios de Poesía na Biblioteca Municipal

Na tarde do día 14 de xaneiro levouse a cabo a entrega de premios do CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2009". O acto tivo lugar na Biblioteca Municipal de Viveiro, foi presentado por Carlos Nuevo Cal e estiveron entregando os premios os membros do xurado (Virginia Jiménez, Xoán Neira, Covi Dopico,  ) e a concelleira Delegada de Cultura, Concepción Toral.
Do noso colexio foron premiados Iria Basanta de 2º curso e Pedro Chao de 6º curso.
Noraboa aos dous premiados e aos seus profesores polo traballo realizado!

12/1/10

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Chegou á BIBLIOSOÑOS  este libro do Autor ANXO FARIÑA, atópase na estantería  L, letra e.

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.



Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

8/1/10

2010, Ano do Libro e da Lectura.

O ano 2010 foi declarado pola Xunta de Galicia
Ano do Libro e da Lectura. A Consellería de Cultura e Turismo vinculará os plans de actuación e as medidas de promoción do libro coa celebración do
Ano Xacobeo.
A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010.


Para iso, as institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia adicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuíndo ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura e da lingua de Galicia. Así mesmo, invítase a todos os galegos a participar nos distintos actos que se celebren na promoción do libro e da lectura.

A programación inclúe exposicións, proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, centenarios e outras homenaxes, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:

- Centenario do nacemento de persoeiros da cultura galega: Gonzalo Torrente Ballester e Luis Seoane.

- 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.

- O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

Outro dos obxectivos para o ano 2010 é abrir ao público a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

DOCUMENTOS (recollidos da páxina web Culturaeturismo da Xunta de Galicia):



5/1/10

XA CHEGAN OS REIS¡¡¡

Xa se achega o día da ilusión. Nenos e grandes agardan impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas SSMM de Oriente. Pero, coñeces a historia dos Reis Meigos?
Nesta páxina atoparás todo o que queres saber e, ademais, tamén podes escribir a túa carta online.
AQUÍ tes a páxina dos Reis Meigos con xogos, concursos, panxoliñas, contos, manualidades...


Queres ver a cabalgata? Pica AQUÍ e entra

       

SE QUERES SEGUIR AQUÍ ATOPARÁS UN FERMOSO CONTO DE NADAL.