20/6/14

I milla correndo polo galego

Para rematar o curso ímonos todos e todas a correr!!!



19/6/14

Representación teatral no colexio

O Obradoiro de Teatro que dirixe o profesor Vicente Míguez puxo en escea na mañá do xoves, 19 de xuño, a obra PASATEMPOS, tamén da súa autoría.
Os alumnos e alumnas fixéronno moi ben; a obra facía un percorrido pola historia con momentos moi divertidos. Pasámolo estupendamente!!!


18/6/14

Excursión fin de curso do 2º ciclo

E, por fín, os alumnos e alumnas do 2º ciclo, xunto cos seus titores, Paco e Beatriz, tamén fixeron a excursión de fin de curso o mércores, 18 de xuño.
Fixeron un percorrido dende Celeiro ata Ortigueira pasando por Bares e San Andrés de Teixido.
En Bares visitaron o faro, os muiños e o porto; pasaron por San Andrés de Teixido e a Garita de Herbeira para rematar na praia de Mourozos en Ortigueira.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica da súa viaxe:

Mariñeiros por un día

Na mañá do mércores, 18 de xuño, os alumnos e alumnas de 1º ciclo, xunto cos seus titores, Eduardo e Angélica, participaron da actividade que patrocina a Confraría de Pescadores de Celeiro.
MARIÑEIROS POR UN DÍA

17/6/14

"Temos moito que contar"

Presentamos unha actividade moi colaborativa, feita por case todo o alumnado e profesorado do colexio.
A iniciativa parte do Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Escolar; trátase dun TELEXORNAL: "Temos moito que contar", no que se informa das diferentes actividades que levamos a cabo no noso colexio durante este curso.
Os presentadores principais (Inés e Antón de 2º curso) van dando paso aos diferentes reporteiros e reporteiras que nos van contando todo o acontecido:
  • Os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil informan sobre o tempo.
  • Os de 6º de infantil dannos conta do transatlántico que chegou ata Celeiro.
  • Os de 1º curso de primaria fan unha reportaxe sobre os libros antigos que expuxeron na súa aula co gallo o Día do Libro.
  • Os de 2º curso informan sobre os proxectos "O Antigo Exipto", "O Río Landro" e sobre traballos medioambientais levados a cabo no horto escolar e o Día da Árbore e da Auga.
  • Os de 3º curso dan conta das visitas que tivemos.
  • Os de 4º curso entrevistan a dúas persoas relacionadas co Clube de Remo de Celeiro.
A continuación podemos ver o vídeo que recolle todo o TELEXORNAL


16/6/14

Tapas e Tapóns

Hoxe fixemos unha foto colectiva de todo o colexio, xunto coas tapas e tapóns que xuntamos durante este curso, en total uns 600 kilos.
Este curso todo o recadado irá para a axuda de nenos con problemas médicos.
Agradecemos a gran colaboración de toda a comunidade educativa con este proxecto e que para o vindeiro curso seguiremos levando a cabo.

MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS


13/6/14

Excursión Fin de Curso de Infantil

O venres, 13 de xuño, todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas profesoras Cristina, Maricarmen, Ana, Alicia, Marta e o profesor Orlando, viaxamos en autobús ata o Vicedo levando a merenda de media mañá e os cubos e as pas para xogar na praia.
Primero xogamos no parque infantil, logo comemos e bebemos, tomamos un rico xeado e despois fumos ata a praia onde xogamos coa area e recollimos conchiñas...
Pasámolo moi ben e tamén nos portamos xenial!!!


12/6/14

Obradoiro de Teatro

O Obradoiro de Teatro ten previsto facer a súa reprentación o vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 8 da tarde na "Casa do Forno" de Celeiro.
A obra leva por título PASATEMPOS e o autor e director da mesma é o profesor Vicente Míguez.
Todos os alumnos e alumnas traballaron moito durante o curso para ofrecernos unha boa representación teatral, están moi ilusionados por actuar para as súas familias e público en xeral.
Boa sorte!

11/6/14

Entrega de Premios: Concurso de Carteis MERLUZA

Onte, martes 10 de xuño, na Praza do Naufrago de Celeiro tivo lugar á entrega de premios do 

 “IV CONCURSO DE CARTEIS PARA A FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO”
 e do
 "II CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO"
Os gañadores foron: 
  • Germán Paleo Navarro (O seu cartel publicitará a FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO 2014)
  • Lucía Alonso Cora (Gañadora Infantil de Debuxo)
  • MENCIÓN ESPECIAL para os alumnos de 2º de primaria e 6º de infantil do CEIP antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

10/6/14

Inspección do Río Landro

Dentro do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro", levamos a cabo unha actividade moi interesante, tanto para o alumnado coma para o profesorado.
Na mañá do martes, 10 de xuño, e despois de aplazalo en tres ocasións por mor da choiva, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto cos profesores Antonio, Tina e Marta, fumos cara o Val do Naseiro a inspeccionar o Río Landro no treito onde se leva a cabo a Romaría do Bo Xantar.
Paco Bañobre, da Asaciación Ecolóxica ADEGA, foi o encargado de guiarnos e ensinarnos todo o relacionado coa vexetación, flora e fauna dos ríos e concretamente a do Río Landro.
Recordamos o nome de moitas árbores que nacen ao pé dos ríos, dos insectos, aves, réptiles, anfibios e demáis animais que habitan nestas augas.
Paco foi o encargado de meterse no río e recoller mostras de animais para logo nós poder observalas e clasificalas por familias; tamén analizamos o PH da auga, a temperatura...

Unha vez vistas as características do Río Landro chegamos á conclusión de que está en moi bo estado.
Seguiremos aprendendo moitas cousas máis sobre os ríos e no vindeiro curso seguiremos inspeccionando o mesmo para concienciarnos de que é necesario coidar a nosa natureza.


8/6/14

Excursión fin de curso do 3º ciclo

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fixeron a súa viaxe de fin de curso o 4, 5 e 6 de xuño, xunto coas profesoras Tina e Marta.
Viaxaron ata Ocero en Leon, onde se albergaron no Centro de Turismo Rural "EL ARBEDAL".
Alí esperábannos as monitoras Rebeca, Carmen e Sara quenes, xunto cos propietarios e a súa filla Lucía, dispostos con un montón de actividades para que o pasaran estupendamente.
O primeiro día coñeceron as instalacións e fixeron a actividade "En busca da merenda perdida", rocódromo, piscina e velada co xogo de "Rommel e Montgomery".
O segundo día era o turno para practicar cos buggies, paintball e facer pan, xogar ao fútbol con veas acendidas, presentar as cancións dos grupos e gran festa de despedida con moito baile.
O terceiro día viaxamos ata AS MÉDULAS, pasamos polo Cebreiro, pero como chovía moito non poidemos visitar as "pallozas" nin o Museo Etnográfico do Cebreiro.
Foi unha viaxe de fin de curso excepcional!!!
Podemos ver uns vídeos que resumen todas as actividades que fixemos.

5/6/14

Día Mundial do Medioambiente

Cada 5 de xuño celebramos este día tan importante, aínda que nós sabemos que todos os días do ano son bos para coidar e manter limpo o noso medio.
Durante o curso facemos moitas actividades para concienciarnos e aprender...
No vídeo podemos ver un resumo das mesmas:


3/6/14

Participamos en BRINQUEDIA

O colexio de Celeiro en Brinquedia.
Máis de 400 nenos e nenas pertencentes a centros escolares, ANPAS e asociacións culturais de Lugo e A Coruña competiron no campo de fútbol de Cabreiros este sábado no VIII Encontro de xogos tradicionais que organiza Brinquedia, unha actividade itinerante que desenvolve esta Asociación por todo Galicia para recuperar trinta xogos que eran de fondo arraigo no país. Ao remate da xornada todos os participantes recibiron agasallos.
Polo San Martiño, Brinquedia organiza ademais cada 11 de Novembro, e a nivel escolar, o Día do Trompo (peonza), unha actividade de asistencia masiva que chegou a reunir na última edición a doce mil participantes.
Vinte e un nenos e nenas do colexio de Celeiro, acompañados de nove pais e dous profesores do centro celeirés participaron neste Encontro que resultou unha exitosa experiencia a repetir.
Os pais portáronse ben, as nais, de marabilla, e nenos e nenas, SOBRESAINTE!!!

2/6/14

1º ciclo na saída de Fin de Curso

O venres, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de primaria, xunto cos profesores: Eduardo, Angélina e Lupe, fixeron a Excursión de fin de Curso á Cidade de Mondoñedo, onde fixeron moitas actividades...
A continuación podemos ver o vídeo das moitas fotos que fixeron!!!