17/5/13

LETRAS GALEGAS no colexio

O xoves, 16 de maio celebramos no colexio os Maios e Letras Galegas coas actividades que xa temos comentado:
  • Actuación dos mariñeiros cantando cancións populares
  • Actuación do novo coro de Celeiro, dirixido por Daniel Caxete
  • Actuación do coro do Colexio estreando a canción "Amar o mar"




16/5/13

Clausura da Exposición

O xoves, 16 de maio, pola tarde, clausuramos a Exposición "Unha primavera de poemas".
As actividades para este día correron a cargo do coro do noso colexio. Cantámoslle a Rosalía de Castro e tamén unhas Cantigas Populares Mariñeiras.

15/5/13

Sesión de contacontos

O mércores, 15 de maio, na sala multiusos do Concello de Viveiro, lugar onde temos a exposición conxunta as bibliotecas Escolares da Mariña, houbo contacontos a cargo das mestras Angélica Novo e Rebeca Palmeira do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!



14/5/13

Inauguramos a Exposición "Unha primavera de poemas"

E, por fín, chegou o día da inauguración.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
A esta cita acudiron as comunidades educativas dos centros participartes e poidemos contar coa participación de Marta Coira, asesora do CFR de Burela, a Tenente de Alcalde, María Loureiro e como mestra de ceremonias, Carmen Ferreiro.
Os alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío prepararon uns poemas de Rosalía de Castro e outros autores e recitáronnos acompañados por diversos instrumentos musicais. Fixéronno moi ben!



13/5/13

Semana das Letras Galegas

Durante o mes de maio estamos a levar a cabo moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas.
Na Biblioteca comezamos coas sesións  de FORMACIÓN DE USUARIOS que nos serven para coñecer e aprender a manexar a páxina sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO e todo sobre as LETRAS GALEGAS.

O día principal de celebración será o xoves, 16 de maio, pois celebraremos conxuntamente a FESTA DO MAIO E LETRAS GALEGAS. Na seguinte presentación podemos ver o programa de actuacións.


9/5/13

Exposición en Viveiro

Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, levamos a cabo o proxecto:
“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”
Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Unha vez que rematamos as diferentes exposicións nos centros o seguinte paso é facer unha exposición conxunta de todos os traballos, neste caso vaise facer en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples da Casa do Concello.

O mércores, 8 de maio, preparamos a mesma e ultimamos as actividades que imos levar a cabo durante os días que vai estar aberta ao público (do 13 ao 16 de maio).

A inauguración será o luns, 13  e a clausura o xoves, 16 de maio, estará aberta en horario de 18:30 a 20:00 horas. Neses días tamén faremos sesións de contacontos, recitados de poemas dos "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro (con motivo do 150 aniversario da súa publicación) e remataremos cantando xunto co Coro do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.





1/5/13

Entramos no mes das LETRAS GALEGAS

Unha vez rematado o MES DOS LIBROS (Abril) xa entramos no MES DAS LETRAS (Maio).
Imos facer moitas actividades e teremos unha páxina especial onde atopar moitos recursos que nos axudarán a coñecer ao homenaxeado deste ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.