Mostrando entradas con la etiqueta Festa dos Maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa dos Maios. Mostrar todas las entradas

20/5/22

FESTA DO MAIO

 Despois das Letras Galegas, agora toca o turno para a celebración da Festa do Maio.

Na mañá do xoves, 19 de maio, todo o alumnado e profesorado engalanado con sombreiros e colares de flores cantamos e bailamos para festexar o maio.

Tamén realizamos un gran mural alusivo, o resultado da festa podemos velo no seguinte vídeo:



3/5/21

Entramos no mes das Letras Galegas e dos Maios

Durante  o mes de maio, como actividades complementarias, traballaremos os Maios e as Letras Galegas que este ano están dedicadas á XELA ARIAS.

 

Nas seguintes páxinas atopamos moita información:

PREME NAS IMAXES
 



1/5/20

COMEZAMOS O MES DE MAIO!

Hoxe comeza o mes de maio!, un mes moi importante no noso colexio pois, se non estivesemos en estado de alarma, moitas serían as actividades a realizar: A festa do maio, Exposición da MICRORREDE, Letras Galegas, Excursións... entre outras.
Intentaremos, dende as nosas casas e desde este blog, realizar virtualmente algunha... 
Para empezar, que vos parece escoitar a canción "O MAIO": a letra é de Manuel Curros Enríquez e a música de Luis Emilio Batallán.
https://sites.google.com/site/maiodofesta/Tamén deixamos a páxina do cole
 onde recollemos A FESTA DO MAIO.




Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

29/5/18

Exposición "Espertando o Maio"

Na tarde do luns, 28 de maio, abriuse a exposición conxunta dos centros educativos de Viveiro:
  • CEIP DE CELEIRO
  • CEIP DE COVAS
  • CEIP DE GALDO
  • EEI SAN ROQUE
para complementar a celebración da Festa do Maio e dentro do proxecto "Espertando o Maio".
Os diferentes centros aportaron unha variedade de traballos que se poderán ver na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro ata o xoves 31 de maio.


28/5/18

Celebramos a festa do Maio

O luns, 28 de maio, xuntámonos os coles  do Concello de Viveiro participantes no proxecto "Espertando o Maio":
  • CEIP DE CELEIRO
  • CEIP DE COVAS
  • CEIP DE GALDO
  • EEI SAN ROQUE
Vestidos axeitadamente para a celebración desta festa, con maios tradicionais de Viveiro, o  maio do noso colexio representando a Porta de Carlos V e outros elementos florais, desfilamos polas rúas de Viveiro acompañados por moitas familias e veciños.
Rematamos na Praza Maior cantando todos xuntos a Canción do Maio de Viveiro.
E así damos por rematado este proxecto que estivemos a traballar durante este curso.
VÍDEO RESUMO

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA
ESPERTANDO O MAIO
https://sites.google.com/site/espertandoomaio/

13/5/15

Programa para a celebración das LETRAS GALEGAS e FESTA DO MAIO

O venres, 15 de maio, celebraremos o día grande das LETRAS GALEGAS e máis a FESTA DO MAIO  co seguinte programa




EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE AS LETRAS GALEGAS





16/5/14

Un día con moita celebración...

Mañá sábado, día 17 de maio celebránse as LETRAS GALEGAS, por iso nós hoxe imos adiantar esta celebración que, coma en anos anteriores, unimos tamén á celebración dos MAIOS.
Nas clases faremos traballos sobre o persoeiro homenaxeado, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, pero despois do recreo faremos actividades conxuntas: 
  • Os alumnos e alumnas de 6º curso vannos a facer unha presentación sobre a vida e obra de Díaz Castro 
  • Despois contaremos coas actuacións dos avós MARIÑEIROS e o coro SONS DE CELEIRO, dirixidos por Daniel Caxete. 
  • Nós tamén cantaremos unhas cancións sobre OS RÍOS e remataremos cantando todos xuntos "A saia da Carolina".
Pero as nosas actividades non rematan aquí pois á tarde, o Coro do Colexio, terá a oportunidade de cantar na Clausura da Exposición "De aqueles contos...novos finais".

17/5/13

LETRAS GALEGAS no colexio

O xoves, 16 de maio celebramos no colexio os Maios e Letras Galegas coas actividades que xa temos comentado:
  • Actuación dos mariñeiros cantando cancións populares
  • Actuación do novo coro de Celeiro, dirixido por Daniel Caxete
  • Actuación do coro do Colexio estreando a canción "Amar o mar"




13/5/13

Semana das Letras Galegas

Durante o mes de maio estamos a levar a cabo moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas.
Na Biblioteca comezamos coas sesións  de FORMACIÓN DE USUARIOS que nos serven para coñecer e aprender a manexar a páxina sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO e todo sobre as LETRAS GALEGAS.

O día principal de celebración será o xoves, 16 de maio, pois celebraremos conxuntamente a FESTA DO MAIO E LETRAS GALEGAS. Na seguinte presentación podemos ver o programa de actuacións.


16/5/12

Festexamos "Os Maios e As Letras Galegas"


Na xornada escolar do 15 de maio fixemos moitas actividades:
  • Sesión de Formación de Usuarios na Bibliosoños 
  • Vimos a estrea do Vídeo Especial do colexio da canción: "Ai, se eu cho falo"
  • Cantámoslle ao Maio, falamos de Valentín Paz Andrade e cantamos unhas Cantigas Galegas e Ai, se eu cho falo.


20/5/11

Festa dos Maios no colexio

Este ano celebramos a Festa dos Maios o mércores, 18 de maio, fixémola no ximnasio porque  estaba a chover. Pasámolo moi ben !.
  • Os nen@s de 5º curso fixeron unha exposición do que se celebra nesta festa e tamén presentaron as distintas actuacións.
  • Todos os cursos bailaron unha muiñeira.
  • O coro do colexio cantou tres cancións
  • E para rematar bailamos todos xuntos

13/5/10

QUE BE
O PASAMOS
NA FESTDMAIO !!!




10/5/10

Festa do Maio

Se o tempo o permite, o xoves 13 de maio, imos celebrar a nosa particular Festa do Maio.
Vestiremos roupas, sombreiros...con moitas flores e cantarémoslle ao Maio a canción que xa sabemos tod@s...


O curso pasado pasámolo moi ben!!!