26/3/22

Encontros PLAMBE 2021-2022

Encontros PLAMBE 2021-2022

O xoves 24 e venres 25 de marzo tiveron lugar, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 
A nosa biblioteca tamén estivo presente xunto coas demais bibliotecas que conformamos a MICRORREDE A MARIÑA
Aproveitamos este encontro para reunirnos e ultimar os preparativos da convocatoria deste curso. 
O día 7 de abril a nosa comunidade educativa recibirá unha carta coa información e instrucións para a realización do noso proxecto que leva por título "Coñecemos Celeiro".

25/3/22

Sesión de cine no Teatro Pastor Díaz

O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria acudiu onte ao teatro Pastor Díaz para ver a película "Valentina" con motivo do Día Internacional das persoas con Sindrome de Down. Actividade promovida polo Concello de Viveiro (Viveiro Inclúe)



23/3/22

Charla sobre o cine a cargo de Sandra Montes

O luns, o alumnado de 5º e 6º de EP recibiu a visita de Sandra Montes (directora de cine, axudante de dirección e directora de casting con gran traxectoria: “Mareas Vivas”, “Chapa e pintura”, “Padre Casares”, “Cuñados”, “Hierro”...). Actualmente atópase traballando para comezar a rodaxe dunha  nova serie para o canal Clan TV.

O actor Xosé Touriñán foi o encargado de iniciar a charla mediante vídeo, dirixíndose directamente ao noso alumnado.

Posteriormente, Sandra Montes abarcou temas relacionados co traballo audiovisual tanto diante como detrás de cámaras, así como dúbidas relacionadas co proceso de creación: escritura dun guion, visualización e entendemento dunha separata, estamentos de profesionais do audiovisual, traballo de maquillaxe, vestiario, atrezzo... creación do sangue e de feridas, realización de peleas e recreación dunha delas, traballo con armas, gravación de bicos, traballo con dobres ou especialistas...

Os nenos e nenas quedaron encantados coa súa visita

Graciñas Sandra por esta charla tan interesante

22/3/22

22 de marzo, Día da Auga

 Hoxe celebramos o Día da Auga, recurso indispensable para o desenvolvemento das nosas vidas. Por iso non debemos malgastala e si aforrala.

Aquí vos deixamos uns consellos do alumnado de 2º de Ed. Primaria. (preme na imaxe)


 


21/3/22

21 de marzo, Día da Poesía.

Hoxe celebramos o Día da Poesía e coma todos os anos, os nenos e nenas do cole fixeron moitos traballos e recitaron poesías.

A continuación, presentamos algúns destes traballos.

ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA

ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA
 
ALUMNADO DE 1º DE ED. PRIMARIA

ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL

ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA



19/3/22

E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares

Xa está lista a plataforma de Lectura Dixital para as Biblioteca Escolares de Galicia. Estivo ampliándose a súa cobertura e xa podemos dispoñer dela, teremos que darvos novos usuarios e contrasinais para poder acceder e xa poderemos volver a disfrutar desta aplicación.
 
 

9/3/22

8 DE MARZO, DIA DA MULLER

 
O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller e fixemos as seguintes actividades.
  • O alumnado de primaria elaborou unhas fermosas postais con poemas referentes á muller.
  • O alumnado de infantil fixo unha manualidade referente a este día tan especial.
  • Colocamos pancartas con frases que nos fan reflexionar sobre a figura da muller.
Aquí deixamos un vídeo resume do día. 
 

  • Dous programas de radio: 
                Entrevista a Aranxta Toriza, patroa de altura e unha das poucas capitáns de barco en Galicia
 
Programa Especial Día da Muller

 
 
A NOSA BIBLIOTECA



 

4/3/22

ENTREVISTA A ARANXTA TORIZA

Estamos preto do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, por iso queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres entrevistando a Aranxta Toriza.
Ela é patroa de altura e unha das poucas capitáns de barco en Galicia.
Esta é unha desas profesións nas que a meirande parte das persoas son homes, polo que se tivo que abrir un camiño laboral entre algunha que outra dificultade.

Ademais da entrevista, tivemos a oportunidade de que nos contara moitas cousas sobre a súa profesión: que estudos hai que realizar, as prácticas de mar, a convivencia, os tipos de traballos nun barco...

Moitas gracias Arantxa!