26/3/22

Encontros PLAMBE 2021-2022

Encontros PLAMBE 2021-2022

O xoves 24 e venres 25 de marzo tiveron lugar, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 
As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 
A nosa biblioteca tamén estivo presente xunto coas demais bibliotecas que conformamos a MICRORREDE A MARIÑA
Aproveitamos este encontro para reunirnos e ultimar os preparativos da convocatoria deste curso. 
O día 7 de abril a nosa comunidade educativa recibirá unha carta coa información e instrucións para a realización do noso proxecto que leva por título "Coñecemos Celeiro".

No hay comentarios: