26/11/20

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante todo o mes de novembro as nosas aulas  enchéronse de experimentos e así as científicas e científicos foron presentando os seus traballos.

Alumnado de 1º curso

Alumnado de 2º curso

Alumnado de 4º e 5º curso

 
Alumnado de 6º curso


Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2020

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

25/11/20

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de  Género. BOE, no seu artigo 1.1., define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexa ou fosen os seus cónxuxes ou de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”

No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.

PREME NA IMAXE: Nesta páxina atopamos todo o que traballamos por cursos

Este ano tan atípico, o alumnado de 5º e 6º curso foron os encargados de ambientar o  recuncho expositor. Nel podemos ver mensaxes que nos invitan á reflexión e a seguir traballando para erradicar todo tipo de violencias.
Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.
 
Tamén o alumnado de 6º de E.I. din: "STOP A VIOLENCIA MACHISTA"
 

23/11/20

FORMACIÓN DE USUARIOS: RADIO NA BIBLIO

Durante a mañá do luns, 23 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou no Obradoiro de Iniciación á Radio impartido por: 

  • Damián Alonso, actor de voz e dobraxe, locutor de publicidade e documentais en radio e tv. 
  • Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas! 
 O traballo foi moi ilusionante e quedamos comprometidos para poder realizar programas de RADIO "ao noso xeito". Queda moito traballo por diante:  
  • Diseñar que tipo de programas de radio levaremos a cabo. 
  • Formar os diferentes equipos de técnicos, presentadores, guionistas, colaboradores...
No seguinte vídeo podemos ver imaxes do Obradoiro  e a gravación do PROGRAMA DE PROBA
Moitas grazas a Xerardo e Damián polas súas ensinanzas e bos consellos!!!
 

19/11/20

Encontro Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 na rede

 

Os días 19, 20 e 21 de novembro van ter lugar os

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2020 na rede

  

“A Biblioteca Escolar diante dos retos do 2020"
Inés Dussel · Profesora investigadora do Departamento de Investigacións educativas do CINVESTAV-IPN. México


“Que sabemos sobre a lectura en 2020? Como a pensamos desde a BE?”

Gemma Lluch · Profesora e investigadora na Universitat de València. (Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació)

 



 
“As Bibliotecas Escolares de Galicia 2005-2020. Principais achegas e retos para os anos 20 do século XXI”

  • Inés Miret · Consultora especializada en proxectos dixitais de lectura, libro e bibliotecas.
  • Mónica Baró · Doutora en Documentación. Profesora na Facultat d'Informació i Mitjans Audiovisuals. Universitat de Barcelona. Investigadora no ámbito da LIX e das bibliotecas escolares.
 

“Se non podo bailar, esta non é a miña biblioteca”

  • Javier P. Iglesias · Bibliotecario. Facultad de Bellas Artes. Universidad Complutense de Madrid
 

13/11/20

No centenario de Gianni Rodari

Gianni  Rodari naceu en  Omegna, unha localidade situada ao norte de Italia, na rexión de  Piamonte, o día 23 de outubro do ano 1920, no seo dunha familia de panadeiros.

Foi pedagogo, xornalista, mestre e escritor italiano. Na súa faceta de pedagogo publicou “Gramática da fantasía”, onde expón as súas renovadoras ideas neste campo. Como escritor especializouse en literatura infantil e xuvenil.

Nesta páxina podedes ver todos os seus libros: 378 títulos para "Gianni Rodari"

 

Na  BIBLIOSOÑOS temos o libro "Cuentos por teléfono"

 

 

 

E tamén acaban de chegar estes dous títulos:

"Era dúas veces o Barón Lamberto" e       

"Las mejores historias y rimas de Gianni Rodari"





 


10/11/20

11 DE NOVEMBRO, DÍA DE SAN MARTIÑO

BREVE HISTORIA (Galipedia)
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, Día de Tódolos Santos, se ben na provincia de Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. 
Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas. 
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
 
Este curso non imos a ter o noso particular MAGOSTO, por motivo da COVID-19, pero no seguinte enlace podemos ver vídeos e actividades que realizamos en anos anteriores.
 

9/11/20

Están a chegar máis libros á Bibliosoños


 


Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2020

 

ARTIGO EXTRAÍDO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

 

6/11/20

Resolución da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2020/2021

 

Portal Educativo publica a Resolución de 26 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se relacionan os 30 centros de nova incorporación ao programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2020/2021, unha vez resolta a convocatoria publicada con data de 24 de setembro de 2020. Tamén se detallan os 79 centros integrados en convocatorias anteriores e que solicitaron continuidade. Desta forma, aparecen incluídas no programa un total de 109 bibliotecas escolares, distribuidas por todo o territorio galego, pertencentes a centros de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares.

4/11/20

Formación de Usuarios ELBE.2

Este curso a formación de usuarios na plataforma ELBE.2 fixémola nas aulas. O alumnado de 3º curso entra por primeira vez neste programa e están moi ilusionados!