29/10/13

E polo Samaín...

Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposicións de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.
Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...




Rematamos o mes de outubro celebrando a
 FESTA DO MAGOSTO 
 

25/10/13

Premio Nacional de Narrativa, 2013

O escritor José María Merino  (A Coruña, 5 de marzo de 1941- ),  obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa coa obra «El río del Edén» (Alfaguara).

24/10/13

Libros novos para a Bibliosoños

Neste día tan especial:
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

a nosa Biblioteca recibe libros novos para todos os ciclos e cursos do colexio.

    
E os alumnos fan Marcapáxinas Especiais.

22/10/13

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares

Vídeos  das actividades que levamos a cabo nos diferentes ciclos:



18/10/13

Bolsiñas para levar o libro á casa

Na semana do 21 ao 25 de outubro, levaremos a cabo moitas actividades na  BIBLIOSOÑOS, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro). Unha delas é a entrega das bolsiñas para levar o libro á casa.



As nenas e os nenos de infantil van encher rúas e corredoiras de cores vivas, as destas pequenas mochilas para gardar o libro que escollen na biblioteca escolar para ler na casa, e cos da casa. "Libros que van e veñen" é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura,  que busca apoiar ao profesorado no seu labor de implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Destinado ás familias, edítase un tríptico con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola, a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar.

As Mochilas Viaxeiras xa están preparadas

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.
A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

17/10/13

Preparando as actividades para celebrar o Día da Biblioteca Escolar

O xoves, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca Escolar, por iso, na BIBLIOSOÑOS estamos a preparar moitas actividades que podedes ler na seguinte presentación:


10/10/13

Xa hai Premio Nobel de Literatura 2013

A escritora canadense Alice Munro, considerada unha das voces máis importantes da literatura en lingua inglesa, converteuse na gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013.

A Academia Sueca, ao anunciar o seu fallo, definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é aclamada polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo psicolóxico".

Munro convértese na primeira escitora (ou escritor) canadense que gaña o máis importante galardón das letras mundiais dende a súa creación en 1901. Munro sucede no palmarés ao chinés Mo Yan.

Munro, de 82 anos e nacida en Wingham (Ontario), recibiu en 2009 o Man Brooker e foi finalista do Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011.


OBRAS:
  • Dance of the Happy Shades, 1968, cuentos.
  • Lives of Girls and Women, 1971, novela. Las vidas de las mujeres, Lumen, 2011.
  • Something I’ve Been Meaning to Tell You, 1974, relatos entrelazados
  • The Beggar Maid (aparecido antes como Who Do You Think You Are?), 1978, cuentos.
  • The Moons of Jupiter, 1982. Tr.: Las lunas de Júpiter, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • The Progress of Love, 1986. Tr.: El progreso del amor, RBA, 2009, cuentos.
  • Friend of My Youth, 1990. Tr.: Amistad de juventud, De Bolsillo, 2010, cuentos.
  • Open Secrets, 1994. Tr.: Secretos a voces, RBA, 2008, cuentos.
  • The Love of a Good Woman, 1998. Tr.: El amor de una mujer generosa, RBA, 2009, cuentos.
  • Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage, 2001. Tr.: Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio, RBA, 2007, cuentos.
  • Runaway, 2004. Tr.: Escapada, RBA, 2005, cuentos.
  • The View from Castle Rock, 2006. Tr.: La vista desde Castle Rock, RBA, 2008, relatos enlazados sobre su familia.
  • Too Much Happiness, 2009. Tr.: Demasiada felicidad, Lumen, 2010, cuentos.
  • Dear Life, 2012. Tr.: Mi vida querida, Lumen, 2013, cuentos.

8/10/13

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013

O poeta galego, Manuel Álvarez Torneiro, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Os ángulos dá brasa. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.

Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).

A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.

1/10/13

Ler ciencia na Biblioteca Escolar

En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship). A biblioteca escolar é unha biblioteca específica e así se recolle na actual Lei de bibliotecas de Galicia, no seu artigo 31. Polos seus obxectivos, polos serivzos que presta á comunidade educativa, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo

O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.