18/10/13

As Mochilas Viaxeiras xa están preparadas

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.
A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

No hay comentarios: