1/10/13

Ler ciencia na Biblioteca Escolar

En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship). A biblioteca escolar é unha biblioteca específica e así se recolle na actual Lei de bibliotecas de Galicia, no seu artigo 31. Polos seus obxectivos, polos serivzos que presta á comunidade educativa, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo

O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.

No hay comentarios: