28/4/17

"Aquel Celeiro", visita de Laureano Míguez a aula de 5º curso



O xoves, 27 de abril,  visitounos un antigo mariñeiro, Laureano Míguez, que nos contou como era a vida do Celeiro de antes, dos anos 30 ata a actualidade.
Non podíamos imaxinar que con nove anos xa comezaban a faenar no mar: eran os chamados nenos boteiros que axudaban aos mariñeiros cando chegaban coas embarcacións a terra, vixiando da lancha, levándolles auga abordo, lavando nos botes…
Daquela case non ían á escola debido a que tiñan que atender a estes traballos, ademais de axudar á familia nos labores do campo ou ir por leña ao monte.
Con apoio dunha serie de fotografías, Laureano foi contándonos os cambios na paisaxe mareira de Celeiro; era máis natural e preciosa antes. Tamén vimos como foron modernizándose as embarcacións, e falounos da época do chicharrón, que o salgaban en tinas como os porcos e logo comíanno todo o ano, incluso de almorzo.
Os alumnos e alumnas tiñan moi ben preparado o tema e fixéronlle a Laureano moitas preguntas interesantes.



Doazón de libros

A alumna de 4º curso, Ana Fraga, acaba de doar dous libros para a Biblioteca:
  • Pasajeros al tren
  • As once damas

25/4/17

Viaxe Cultural

O alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos seus titores Paco e Antonio, viaxaron ata o CENIMA en Foz
onde poideron ver a Exposición "SER VISIBLES" (Escoitar imaxes, retratar palabras), dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña. Foron atendidos pola artista Cristina Basanta e poideron observar as obras de 11 mulleres: Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zili Katova, Carmen Llonín, Renata Otero, Adri Pardo, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.



A continuación seguiron viaxe ata Alfoz onde visitaron a Torre do Mariscal Pardo de Cela

24/4/17

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON SERVANDO BARREIRO

O Bardo Abelardo rende homenaxe a Carlos Casares no ano en que se lle adedica o día das Letras Galegas 2017 con un espectáculo no que vai debullando unha serie de contos con referencias expresas ás obras infantis máis coñecidas como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”.
Así escoitamos a historia de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e outras historias máis, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da súa concertina. 

18/4/17

Dia do Libro 2017


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.





A orixe do Día do Libro baséase na  conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e o Inca Garcilaso de la Vega en 1616. Esta celebración foi creada con varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render  homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en 1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao redor do mundo.


17/4/17

Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/965
O Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares é a folla de ruta  da que se dotou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para continuar o seu traballo  a prol das bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos. 
Lectura, Información e Aprendizaxe son os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado en:
  • Obxectivos xerais do Plan LÍA de bibliotecas escolares
  • Unha ducia de desafíos, ou retos que cómpre abordar
  • Liñas de acción medidas concretas
Aínda que xa se vén traballando con esta nova folla de ruta, desde a a administración educativa galega quíxose formalizar e presentar este PLAN LÍA 2016/2020  de bibliotecas escolares nunha biblioteca en pleno funcionamento. Así hoxe, e con este motivo, o Presidente da Xunta de Galicia e o Consellerío de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitaron a biblioteca do IES Maruxa Mallo, de Ordes, e mantiveron un encontro co profesorado do centro, cunha visita incluída ao alumnado que neses momentos traballaba na materia "Investigación e Tratamento da Información", intimamente ligada aos obxectivos que se perseguen no desafío número 5, "as competencias ALFIN/AMI", e que conciben a biblioteca escolar, como instrumento imprescindible para a adquisición de competencias no uso, tratamento e produción de información. 

4/4/17

Libros sobre Maruja Mallo

Mercamos para a Bibliosoños dous libros sobre a pintora viveirense, Maruja Mallo.
Na seguinte páxina atopamos máis información.

https://sites.google.com/site/marujamallopedrosalatas/libros-sobre-maruja-mallo

Doazón de libros para a BIBLIOSOÑOS

A familia do noso exalumno, XEXU, acaba de facernos unha doazón de libros e DVD,s da colección 








  • Érase Unha Vez O Home é unha serie de animación didáctica que fai un percorrido pola historia e a evolución do ser humano desde o nacemento da terra e o paleolítico ata os albores do século XX. Cada episodio percorre unha época historica para que de maneira amena os pequenos da casa poidan aprender a historia da humanidade.

3/4/17

Xa puxemos en marcha a convocatoria do PLAMBE A MARIÑA

Este curso as Bibliotecas Escolares de Galicia teñen como tema común de traballo AS ARTES, polo que a MICRORREDE A MARIÑA traballará no mesmo tema, dando a cada centro a opción de escoller a súa temática.
No noso colexio imos a traballar sobre o IMPRESIONISMO e a figura de MARUJA MALLO.
Así elaboramos un proxecto para levar a cabo durante o curso como un Proxecto Documental Integrado e que culminará coa actividade para presentar á exposición colectiva da MICRORREDE, no mes de maio.

MÁIS INFORMACIÓN NESTA PÁXINA
https://sites.google.com/site/plamblaamarina/a-literatura-nas-artes-da-marina
 
CARTA PARA AS FAMILIAS COA PROPOSTA DE TRABALLO


Libros novos na Bibliosoños

Con motivo da celebración do Día do Libros Infantil e Xuvenil a Bibliosoños recibe novos libros.
Primeiramente podedes ollalos no rincón expositor e despois formarán parte dos fondos da Biblioteca. Unha vez alí xa os poderedes levar ás vosas casas.  Disfrutade da lectura!!!



2/4/17

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O IBBY  (International Board on Books for Young People) promove desde 1967 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen.

No noso colexio para conmemorar este día levamos a cabo un Apadriñamento Lector a cargo do alumnado de 3º curso.
O conto tradicional "The Gingerbread Man" foi preparado durante a Hora de Ler pola profesora de inglés Rosa e o auxiliar de conversa Saúl.

Todo o alumnado de Infantil e de Primaria pasou pola Biblioteca para escoitar e ver a dramatización do conto.
Pasámolo estupendamente!!!



1/4/17

Dís das Artes Galegas

MARUJA MALLO protagoniza o
DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Reas Academia Galega de Belas Artes
instituíu o 1 de abril como
DÍA DAS ARTES GALEGAS
MARUJA MALLO EN VIVEIRO
(La Voz de Galicia)
(La Voz de Galicia)
(El Progreso) 
Para recoller a información sobre a pintora e a súa obra e tamén os traballos realizados o colexio elaboramos unha páxina especial que vos invitamos a visitas.

https://sites.google.com/site/marujamallopedrosalatas/home