28/4/17

"Aquel Celeiro", visita de Laureano Míguez a aula de 5º curso



O xoves, 27 de abril,  visitounos un antigo mariñeiro, Laureano Míguez, que nos contou como era a vida do Celeiro de antes, dos anos 30 ata a actualidade.
Non podíamos imaxinar que con nove anos xa comezaban a faenar no mar: eran os chamados nenos boteiros que axudaban aos mariñeiros cando chegaban coas embarcacións a terra, vixiando da lancha, levándolles auga abordo, lavando nos botes…
Daquela case non ían á escola debido a que tiñan que atender a estes traballos, ademais de axudar á familia nos labores do campo ou ir por leña ao monte.
Con apoio dunha serie de fotografías, Laureano foi contándonos os cambios na paisaxe mareira de Celeiro; era máis natural e preciosa antes. Tamén vimos como foron modernizándose as embarcacións, e falounos da época do chicharrón, que o salgaban en tinas como os porcos e logo comíanno todo o ano, incluso de almorzo.
Os alumnos e alumnas tiñan moi ben preparado o tema e fixéronlle a Laureano moitas preguntas interesantes.



No hay comentarios: