O Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares é a folla
de ruta da que se dotou a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria para continuar o seu traballo a prol das
bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos.
Lectura, Información e Aprendizaxe son os ámbitos de actuación da
biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado en:
- Obxectivos xerais do Plan LÍA de bibliotecas escolares
- Unha ducia de desafíos, ou retos que cómpre abordar
- Liñas de acción e medidas concretas.
Aínda que xa se vén traballando con esta nova folla de ruta, desde a a
administración educativa galega quíxose formalizar e presentar este PLAN LÍA 2016/2020
de bibliotecas escolares nunha biblioteca en pleno funcionamento. Así
hoxe, e con este motivo, o Presidente da Xunta de Galicia e o
Consellerío de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitaron a
biblioteca do IES Maruxa Mallo, de Ordes,
e mantiveron un encontro co profesorado do centro, cunha visita
incluída ao alumnado que neses momentos traballaba na materia
"Investigación e Tratamento da Información", intimamente ligada aos
obxectivos que se perseguen no desafío número 5, "as competencias
ALFIN/AMI", e que conciben a biblioteca escolar, como instrumento
imprescindible para a adquisición de competencias no uso, tratamento e
produción de información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario