28/3/12

Día do libro Infantil e Xuvenil

O luns, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, imos estar de vacacións de Semana Santa pero dende este blog podemos recordar este día e aprender moitas cousas.
Tamén propoñemos esta actividade para facer en familia:

Dentro do proxecto da Biblioteca e en colaboración con outras Bibliotecas dos centros PLAMBE da zona (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), pretendemos cara as conmemoracións dos vindeiros meses (mes do libro, Letras Galegas) propoñer ás familias a participación nunha actividade que leva por título:

“DE ONTE A HOXE:  lembrando o pasado”
Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:
·         Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
·         Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Á volta das vacacións e ata o 13 de abril enviádenos o folio co traballo plástico para facer unha exposición no centro e logo no mes da maio farase outra conxunta cos centros participantes nun local público. 

                                                              Un saúdo  o    Equipo da Biblioteca.

27/3/12

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

PICA NA IMAXE PARA TER MÁIS INFORMACIÓN



22/3/12

Día da árbore e da auga

O xoves, 22 de marzo, celebramos conxuntamente estas dúas datas tan importantes para lembrar que temos que coidar o Medioambiente. Nesta páxina atoparemos máis información.
Durante a mañá limos o conto  Dona Pinga e Don Carballo fan amizade.
Despois do recreo prantamos un carballo.


21/3/12

21 de marzo DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, Día Mundial da Poesía, imos celebralo recitando unhas poesías que seleccionamos nos diferentes cursos. Podemos atopalas no issuu seguinte:

OS VÍDEOS DA SESIÓN DE RECITADO ATOPARÉMOLOS NO BLOG DÍA DA POESÍA




20/3/12

HOXE COMEZA A PRIMAVERA

A primavera astronómica chegou este martes 20 de marzo ás 06.14 horas, ás 05.14 horas en Canarias, e durará 92 días e 18 horas, ata que finalice o 21 de xuño, ao comezar o verán, segundo o Instituto Xeográfico Nacional (IGN). 
Así, segundo o IGN, durante a primavera de 2012 o máis destacable será o tránsito de Venus por diante do Sol o próximo 6 de xuño, un evento astronómico que non sucederá de novo até o ano 2117 e que en España poderá verse con dificultade nas súas últimas fases.

PICA NA IMAXE PARA ENTRAR NO BLOG DA PRIMAVERA

19/3/12

O SEPRONA no noso colexio

Hoxe, luns 19 de marzo, teremos a visita da:
  •  sarxento, Isabel García Núñez (xefa da Oficina Técnica), e o 
  • investigador, Roberto Pérez Páramo (Equipo de investigación de incendios forestais) do SEPRONA.
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da Natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza, segundo o artigo 12 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.

VISITA ESTAS PÁXINAS ESPECIAIS 



16/3/12

Actividades na Bibliosoños na semana da prensa

O xoves, 15 de marzo, na Bibliosoños tivemos unhas sesións informativas. Participamos os alumnos do 2º e 3º ciclo.
Foron impartidas polo profesor do Centro, Vicente Míguez Salgueiro.

12/3/12

Esta semana imos comezar coa práctica de xogos tradicionais

XOGOS TRADICIONAIS
Estes son os xogos populares que seleccionamos:
 billarda, canicas, laberinto e béisbol.
O martes comezamos co xogo da billarda.

BILLARDA

Xogo tradicional, moi popular na Mariña luguesa.
Consiste nun pau pequeno (billarda) acabado en punta polos dous lados, onde hai que petarlle con outro pau máis grande e lanzalo lonxe. Gaña quen consegue mandalo a maior distancia.


PRIMEIRO FIXEMOS:
Recompilación de Xogos Tradicionais dende a casa.
  • Nunha ficha  rexistramos os datos  preguntando aos papás, avós...sobre os xogos que xogaban de pequenos.
  • Faremos unha exposición e un libro coa información recompilada
  • E para rematar esta actividade poñeremos en práctica os xogos que máis nos gusten despois de aprender as regras dos mesmos.

8/3/12

Feliz Día da Muller Traballadora!

Clica na imaxe e atoparás unha páxina con moita información.

2/3/12

Actividades para o mes de marzo

Durante este mes de marzo faremos moitas actividades para traballar as seguintes conmemoracións:
Para comezar queda convocado un concurso de poesía, lede ben as bases:

1/3/12

Hoxe comeza o mes de marzo

Para ter máis información pica no enlace:

Marzo na cultura popular galega

Refraneiro

Marzo marzal, pola mañá cara de rosa, e pola noite cara de can.
Marzo marzolo, chuvioso e ventoso.
No marzo abrigo, noces e pantrigo.
Nin marzo con flores nin moza sen amores.
Se no marzo oes tronar, prepara as cubas e o lagar.
Marzo marzal, un día vento e outro vendaval.
No mes de marzo, haberá algún chubasco.
Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
O aire e o sol de marzo, queima as donas no pazo.
Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
Marzo marzal, neve nos altos e chuvia no val.
Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol.
Marzo marceiro, pon a troita no caneiro.
Marzo marzolo, trebón e raiolo.
Marzo marzolas, treboadas e raiolas.
Marzo amola, abril esmola.
Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
Cando marzo non marcea, abril das súas espera.