21/12/17

FELICES FESTAS!

Chegamos ao remate do primeiro trimestre deste curso 2017-2018.
Como xa é tradicional preparamos un Gran Festival e tivemos a visita do Apalpador. 
Visitade o Blog do Nadal onde están todos os vídeos deste gran día.
Bo Nadal e Feliz Aninovo 2018


http://nadal09-10.blogspot.com.es/2017/

20/12/17

Proxecto Documental: Viveiro, o noso Concello

Presentamos hoxe a páxina do Proxecto Documental que estamos a traballar este curso:
https://sites.google.com/site/viveiroonosoconcello/

Nela iremos subindo todas as actividades en relación ao proxecto. 
Neste 1º trimestre fixemos:

14/12/17

Actuación do coro do colexio no Mercado Solidario

As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!
No seguinte vídeo podemos ver a actuación.

13/12/17

Preparamos o NADAL 2017

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o xoves, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.


E como se pode observar no seguinte vídeo todo o colexio ten ambiente do Nadal:
  • Belén realizado a partir dos envases dos iogures bebibles e decorados con moita imaxinación polas familias. Noraboa polo voso traballo!
  • Tarxetas postais
  • Estrelas de Nadal
  • Bolas decorativas realizadas polo alumnado de 1º e 2º curso
  • Rincón dos libros sobre o Nadal
  • Música de panxoliñas cantadas polas nenas e nenos do colexio de diferentes promocións

12/12/17

MERCADO SOLIDARIO NA RESIDENCIA GERIATROS DE VIVEIRO

O vindeiro xoves, 14 de decembro, vaise levar a cabo o IV MERCADO SOLIDARIO, na Residencia de Maiores GERIATROS de Viveiro.
O noso Colexio tamén vai participar entregando 25 CD,s con panxoliñas cantadas polos nenos e nenas de diferentes promocións dende o ano 1998 ata o presente.

Ademais, ás 17:00 horas, o coro formado por uns 45 nenos e nenas farán unha pequena actuación para os residentes e para o público en xeral que acuda a este mercadillo.

RESUMO DO CD

11/12/17

Libros novos en decembro

Máis novidades para a Bibliosoños!!!




3/12/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

http://www.un.org/es/events/disabilitiesday/
En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas a mellorar a situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Deixamos nesta entrada uns vídeos resultaddo dun proxecto desenvolvido con motivo desta celebración e que organizaron dende o CEIP de Cervo coa colaboración de 30 colexios de toda Galicia.
Partindo do libro Está bien ser diferente de Todd Parr, traducido ao galego e posto en escea de formas moi diversas polo alumnado dos diferentes colexios.
 ENTRADA NO BLOG DO CEIP DE CERVO


                                                                             
O noso centro sae no minuto 13:27
O noso centro sae no minuto 2:18

30/11/17

Certame de Poesía Infantil "NADAL 17"

A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro convoca o Certame de Poesía Infantil como todos o anos.
Animámosvos a participar!!!
As bases podedes pedilas ao voso titor ou titora

28/11/17

Visita ao barco pesqueiro: "SOCYO"

O pasado venres, 17 de novembro, os nenos e nenas de 6º de primaria foron cara ao peirao de Celeiro para visitar o barco do pai de Daniela Fernández, alumna do colexio. 
Resumo feito polo alumnado:
O barco é un pesqueiro que anda ao palangre de superficie, mide de eslora 40, 8o m e de manga (ancho) 8,60 m. Ten capacidade para 22 persoas pero so van ir pescar 17 homes. Ten dúas cámaras frigoríficas onde me 200 Tm e tamén vai a carnada.
Hai 6 camarotes abaixo e 2 arriba na ponte; hai unha enfermería con 3 botiquín onde dispoñen de todo tipo de medicamento.
Tamén hai unha cociña con distintos electrodomésticos. dispoñen dun motor principal marca "ABC" de 1.22 cabos e tres motores principais de marca "Cumins" de 400 CV cada un.
Na ponte dispoñen de todo tipo de aparatos de situación, navegación, comunicación... para o goberno do barco. Leva unha roda de tiñon e varios tillers e un piloto automático.
O barco sae de Celeiro e vai cara o Pacífico, vai pescar cara Perú.
Na visita pasámolo moi ben e aprendimos moito.
GRAZAS AO PAI DE DANIELA FERNÁNDEZ


27/11/17

Novos fondos na Bibliosoños

Durante este primeiro trimestre a Bibliosoños está a recibir novos libros, pois as diferentes editoriais e comerciais estannos achegando as novidades deste ano.
Para este curso o orzamento do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia)) é de 1300€ e o centro aportará outra cantidade para a adquisición de novos libros e materiais para a Biblioteca Escolar.



25/11/17

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.
Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países. 
Por que un 25 de novembro? Pois como homenaxe ás tres irmás Mirabal, activistas políticas, que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, na República Dominicana. Pero, desgraciadamente, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e de todos os ámbitos sociais. Desde a ONU convídase a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema neste día, como unha celebración internacional
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:
INFANTIL
  • Na biblioteca, lecturas comentadas dos contos: Rosa caramelo, Orellas de bolboreta, A viaxe de mamá.
  • Elaboración de mans





PRIMARIA
  • Elaboración de frases contra a violencia
  • Elaboración de mans
  • O alumnado de 3º curso, xunto coa súa profesora de Educación Física Eva, prepararon en acrosport a frase NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, para a realización do seguinte vídeo
Despois do recreo, na mañá do venres, 24 de novembro, no ximnaxio, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo unha sesión de sensibilización  dende a igualdade cara á violencia contra as mulleres
  • Vestidos con roupas de cor negro e coas mans violetas fixemos unha gran man.
  • Visualizamos o vídeo especial para ese día
  • Lemos as frases en contra da violencia
  • No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo
 

24/11/17

Apadriñamento Lector na Semana dos Dereitos da Infancia


Durante esta semana da celebración dos Dereitos da Infancia, os alumnos de 6º curso, Diana, Luis, Álvaro e Antón, fixeron lecturas da colección de Contos do Dereito e do Revés.



20/11/17

Día da Infancia

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

No colexio preparamos un vídeo especial cunha canción que cantan os nenos e nenas de 3º curso e as imaxes realizadas con debuxos do alumnado de Infantil.

MURAL SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, 2º CURSO


Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

15/11/17

Celebramos o Magosto

Despois de ter que aplazar a celebración do noso magosto por mor do mal tempo, o martes, 14 de novembro, despois do recreo, poidemos disfrutar desta festa tan arraigada no noso colexio.
Comezamos facendo un circuito de estacións de xogos, coordinados pola mestra de Educación Física, Eva Martínez:
  • Relevo de castañas
  • Petanca
  • Castañagolf
  • Culleradas de castañas
  • Castaña cega
  • Mariola
  • Comecastañas
  • Pescacastañas
  • Castaña Dance
  • Laberinto
O alumnado agrupouse en 10 equipos de 16 nenos e nenas cada un, de todas as idades e cursos. Os maiores axudaron aos máis pequenos e pequenas e pasaron unha xornada moi divertida e de moita cooperación entre eles.

Despois tivemos o degustación das castañas asadas como todos os anos polo noso conserxe Enrique e coa colaboración especial de exprofesor do centro, Antonio Ferreiro. 
Moitas grazas polo seu traballo ben feito!
 

9/11/17

Charlas informativas: Ciberexpert@


Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS. :


Contido do programa:
Os alumnos e alumnas que realizan o curso de Ciberexpert@ reciben cinco horas de formación sobre temas como ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital, netiqueta e mediación parental.

Participación activa
Os alumnos e alumnas teñen unha participación activa no curso. De feito participan en debates sobre supostos prácticos e realizan un exame final ao termo das clases que, no caso de ser superado, condúcelles á recepción dun carné acreditativo dos coñecementos adquiridos.




8/11/17

Páxina de recursos para o Día dos Dereitos da Infancia

O vindeiro luns, 20 de novembro, celébrase o Día dos Dereitos da Infancia.
Dende a Bibliosoños elaboramos unha páxina especial onde se poden atopar moitos recursos para aprender e tamén todas as actividades que facemos no noso colexio.

https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

6/11/17

1/11/17

Unha torta de Samaín

Para ver esta presentación primeiro agranda o Genially, despois pasa o rato por riba dos iconos e dos números.

31/10/17

SAMAÍN na Bibliosoños


Outro ano máis polo Samaín os Contos de Medo chegan á Bibliosoños.
  • Que medo, mamá Raquel! e ¡Te aseguro que los montruos no existen!contados pola mestra Cristina Freán Lamela
  • Cocorico, contado pola mestra Rita Lamas Álvarez.
 
 

25/10/17

Preparando o SAMAÍN!

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc. 
Información obtida a través de VIEIROS DA ESCOLA




24/10/17

Hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe a nosa Biblioteca está de celebración e por iso, durante a mañá, fixemos varias sesións con moitas actividades
    • Exposición dos MARCAPÁXINAS realizados nas aulas con motivos relacionados co P.D.I.: Viveiro, o noso Concello.
    • Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
    • Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
    • Presentación do xornal O PAPAGAIO (Abraham carreiro) e o libro O misterio de Portomarín (Antía Yáñez). 
    • Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
    • Visionado do vídeo conmemorativo.
      • Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
      • Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
      • Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso

16/10/17

Outubro, mes da Biblioteca Escolar

Desde o ano 2008, a proposta da  IASL (International Association of School Librarianship) é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da Biblioteca Escolar e todas as súas posibilidades e recursos.
No noso centro a Biblioteca ábrese a toda a comunidade educativa a primeiros de outubro cun amplo programa de actividades que culminan o día 24, Día da Biblioteca Escolar, cun programa máis especial:
Programa para o martes, 24 de outubro:
  • Exposición de marcapáxinas elaborados nas aulas durante este mes. 
  • Exposición de libros novos para a Biblioteca e a Revista o PAPAGAIO do mes de outubro.
  • Sesións na Biblioteca:
    • Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
    • Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
    • Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
    • Visionado do vídeo conmemorativo.
      • Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
      • Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
      • Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso
 

9/10/17

Exposición de refráns, ditos e cantigas do outono

Xa temos expostos os refráns, ditos e cantigas sobre o outono.
A proposta saiu da Bibliosoños e foron moitos os nenos e nenas que participaron con traballos moi elaborados e orixinais. Naraboa a todos os participantes!. 
O día da Biblioteca, 24 de outubro, faremos un sorteo entre todos e recibirán un agasallo.



6/10/17

Canción da Biblioteca Escolar

Este curso imos aprender unha nova canción para a BIBLIOSOÑOS, titúlase "O rato de biblioteca", é un poema do libro CHAFARÍS, de Xoán Neira.

5/10/17

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOSOÑOS

Esta semana estivemos levando a cabo sesións de Formación de Usuarios.
Falamos de:
  • Distribución dos fondos
  • Colocación dos libros nos andeis
  • Como ler as etiquetas
  • Normas da Biblioteca
  • Carnés de usuario
  • Mochilas Viaxeiras en Primaria e Bolsiñas que van e veñen en Infantil
  • Participación nas diferentes propostas da biblioteca
  • Colaboradores ou axudantes




28/9/17

Pequena exposición de libros e procura de refráns sobre o outono

No recuncho das exposición temos libros sobre o outono 
para que os podades ollar.
Tamén vos convocamos a que participedes na procura de refráns, ditos ou cantigas sobre o outono ou cousas relacionadas co mesmo.
  • Escribilo e decoralo en medio folio. 
  • Pola parte traseira escribiremos o nome, apelidos e curso.
  • Entregarllo á vosa titora ou titor antes do venres, 6 de outubro. 
  •  Exporase no recuncho das exposicións.
  • Os participantes entrarán no sorteo dun agasallo da biblioteca.

·   

11/9/17

Benvidos a un novo curso!

Gozáchedes dunhas boas vacacións coas vosas familias e mellores amigos.  Agora, é tempo de volver ás clases. Con isto veñen, tamén, a responsabilidade de levantarse cedo, de facer as tarefas para non sacar malas notas, mostrar un comportamento axeitado, e unha infinidade de cousas que, moitas veces, tórnanse un tanto complicadas de levar a cabo.
Moitos éxitos para todos e todas neste novo ano escolar e que as vosas ganas de aprender se reflíctan nunha actitude positiva día a día.

8/9/17

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1014
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual.

SEGUIR LENDO

3/9/17

Instrucións sobre a organización e funcionamento da biblioteca escolar para o curso 2017/2018

de Centros e ecursos Humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o curso 2016/2017, e que serán de apliación en todos os centros públicos de titularidade da consellería de Cultura, Educación e O.U. que imparten ensinanzas de nivel non universitario, coa adaptación pertinente ás diferentes tipoloxías de centros. Acompañan ás Instrucións propiamente ditas, un Anexo I de Anotacións, e un Anexo XI de Orientacións (este último correspondente á última convocatoria PLAMBE). 

30/6/17

Despedida do alumnado de 6º curso de Primaria

Nun acto que tivo lugar o xoves, 22 de xuño, no Salón de Actos do colexio e organizado polas nais, o alumnado de 6º curso despediuse do profesorado cunhas palabras  moi emocionantes para todos os presentes. 
A petición das familias deixamos no blog este pequeno vídeo para que lles sirva de recordo do seu paso polo colexio de Celeiro.
Moita sorte a todas e todos!

25/6/17

III MILLA CORRENDO POLO GALEGO

O venres, 23 de xuño, último día do curso, todo o colexio trasladámonos ao Pavillón Municipal de O Cembedo para levar a cabo esta actividade tan esperada por todos nós.
 “Non é grande aquel que nunca falla, senon aquel que non se da por vencido”

Participan: ASOCIACIÓN ASPANANE
                  CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
                  PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS
Colaboran: ANPA DO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
                   CONCELLO DE VIVEIRO
Organiza: CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS

Xornada deportiva de integración e valoración social que contou coa participación de atletas divididos en diferentes categorías. 
  • Categoría chupetín (non competitiva): unha volta ao circuito pequeno (180 metros) 
  • Categoría prebenxamín: unha volta e media ao circuito pequeno (270 metros)  
  • Categoría benxamín: unha volta e media ao circuito grande ( 570 metros) 
  • Categoría alevín: dúas voltas e media ao circuito grande (949 metros) 
  • Categoría Absoluta: tres voltas e media ao circuito grande (1.328 metros) 
  • Entrega de medallas e diplomas ao finalizar. 

VÍDEO RESUMEN DAS CARREIRAS E ENTREGA DE MEDALLAS

24/6/17

Remate do Obradoiro de Teatro Escolar



Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:

TELEINVASIÓN

A obra fai un repaso polos programas da tele de maior actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!
Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.
No mes de setembro estas magníficas actrices e actores escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.
O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!

21/6/17

Tres acontecementos no remate do curso

Hoxe mércores, 21 de xuño, no comezo do verán,  tivemos tres actividades moi importantes no colexio.
  • Recollida das tapas e tapóns recollidos no centro a través das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.




  • Entrega dos carnnés de CIBEREXPERT@ por parte da Policía Nacional ao alumnado de 6º curso, despois de ter aprobado un programa que lles ensinou os riscos da internet e das RRSS.  Na entrega estiveron presentes a Directora do Centro, Rita Lamas Álvarez; o Inspector Xefe en funcións da Comisaría de Policía de Viveiro, Manuel Borrajo Iglesias; o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González e a Delegada Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Gueimunde González.
  • Representación da obra de teatro "O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto", a cargo do alumnado de 6º curso baixo a dirección do seu titor Antonio Ferreiro. Fixeron unha magnífica actuación. Todos os actores e actrices foron moi profesionais e estiveron moi metidos no seu papel, ademais tiveron un público moi entregado, disfrutando e aplaudindo a magnífica posta en escea. NORABOA A TOD@S.

Un novo libro de poesía infantil







Chafarís é o nome do novo libro de poesía infantil que publica, a través de Edicións Embora, o escritor viveirense Xoán Neira.

A presentación tivo lugar o pasado martes, 20 de xuño, no Salón de Usos Múltiples do concello de Viveiro. No acto participaron, ademais do autor, o presidente do Seminatio de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial, Carlos Nuevo o mestre e escritor, Vicente Míguez e Miguel Toval representando á editorial; ao finalizar o acto actuou o coro do colexio Lois Tobío dirixido por Manuel Rodríguez.
No audio podemos escoitar ao autor.

20/6/17

Graduación do alumnado de 6º Infantil

Na mañá do luns, 19 de xuño, na Biblioteca do Centro levamos a cabo a graduación dos "maiores" de Infantil.
Foi un día moi emotivo no que todo o persoal que os acompañamos estes anos volvemos a vista atrás e  recordámolos nos primeiros días de cole e como foron medrando, aprendendo e facéndose grupo.
Este acto tivo varias partes:
  • Agradecemento por parte do alumnado a todo o profesorado e persoal non docente, cunha entrega de  debuxos e dedicatoria especial.
  • Visualización dun vídeo resumen dos tres anos en Infantil.
  • Entrega de orla e diplomas.
  • Entrega dunha fermosa sorpresa para a titora Maricarmen en forma de libriño.
  • Canción "Todos somos capitáns".
  • Poema de despedida e agradecementos.
PODEMOS VER TODOS OS VÍDEOS  NO 

19/6/17

Xogos Tradicionais no colexio

No seguinte enlace podedes ver os resultados finais dos Xogos Populares deste curso e un pequeno vídeo.

https://sites.google.com/site/aplxogospopulares/curso-2016-2017

17/6/17

Actividades de fin de curso organizadas pola ANPA do colexio

Xa estamos rematando o curso e por iso as actividades culturais van tomando forza no noso colexio e a ANPA e a organizadora das mesmas.
  • O pasado martes, 13 de xuño, todo o alumnado do colexio tivo a oportunidade de asistir ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro a unha dobre sesión de espectáculo que combinou o teatro, a música e humor.   
Os tres tenedores foron os encargados de poñer en escea os espectáculos: "Cocido Express" e "O pobre Tom".

  •  o venres, 16 de xuño, no colexio poidemos disfrutar dunha sesión de maxia moi especial a cargo do MAGO KIKO CARROLO. Foi todo un éxito pois todo o alumnado e profesorado pasámolo estupendamente co humor e trucos de maxia do mago viveirés KIKO.



Dámoslles as grazas a ANPA pola colaboración co colexio, pola organización de actividades ao logo do curso e en especial por estas dúas actividades culturais que tanto éxito tiveron entre o noso alumnado.

16/6/17

Remate do curso do alumnado colaborador da Biblioteca

ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º CURSO
O xoves, 15 de xuño, o alumnado colaborador da Biblioteca rematou o seu traballo como volutarios e colaboradores nas tarefas  que se comprometeron a cumplir durante o curso.
Nun acto de agradecemento recibiron un diploma que os acredita como  axudantes da Biblioteca.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN 
E ANIMÁVOSMOS A SEGUIR NESTA TAREFA NO IES.

15/6/17

Dous novos premios no colexio

O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
https://www.facebook.com/festadamerluzadeceleiro/Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.  

NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!
ACTO DA ENTREGA DOS PREMIOS
O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar. 
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.


Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro.

9/6/17

Xornada de iniciación ao Surf

Na mañá do xoves, 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos profesores Eva, Paco, Virginia e a coidadora Esther, tiveron unha xornada de iniciación ao surf coa VIVEIRO SURF ESCOLA, na praia de Esteiro (o Barqueiro).
Esta actividade está enmarcada como complemento das actividades programadas na área de Educación Física, dentro da unidade de Actividades na Natureza.
Foi unha experiencia inolvidable, divertida e moi formativa. Seguro que repetiremos!



8/6/17

Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa

O noso centro acaba de rematar a participación no  
Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa
EU=QUE TI
que promove ASPANANE
https://www.aspanane.org/#inicio
Asociación de nen@s e adolescentes con necesidades especiais
Este Programa ten como obxectivos mellorar as posibilidades dunha inclusión real das persoas con discapacidade na comunidade. Pretende achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade educativa (Infantil e Primaria) contribuíndo, con ela, no fomento de actitudes e valores como a solidariedade, o respecto e o apoio mutuo.
Participan no programa:
  • Encargada: Isabel Otero Rodríguez
  • Usuarios e usuarias: José Manuel Vázquez , Mª José Rivas, Sara Breijo, Luis Tiagonce, Oliva Ferro , Fran Serantes, Belinda Parapar, Fernando Lamelas, Ángeles Pérez.
A través de Unidades Dicácticas levan actividades prácticas nas que o alumnado, a través de diferentes dinámicas e de maneira activa, acadará un maior coñecemento e empatía cara as persoas con discapacidade. 
Cinefórum. A través de diferentes vídeos preténdese que o grupo reflexione e interiorice as vivencias dunhas realidades e actitudes proxectadas neles.
A acollida do Programa por parte do noso alumnado está sendo excepcional, participan activamente das actividades e amósanse curiosos ante as preguntas e retos que se lles plantexan.
Sorprende a empatía e os lazos que se crean  cos usuarios e usuarios de ASPANANE.
Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.





7/6/17

Un novo traballo sobre o Impresionismo

O alumnado de 5º curso presenta este libriño que recolle  o aprendido sobre o Impresionismo, Proxecto Documental sobre o que estivemos traballando durante este curso.



6/6/17

Excursión Fin de Curso do alumnado de 1º e 2º curso

O luns, 5 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º curso, xunto coas súas mestras Maricarmen e Angélica, realizaron a súa viaxe de fin de Curso a Marcelle.
O parque atópase nunha contorna natural, pertence á Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un zoo pequeno. Atopamos monos, osos, avestruces, lobos, bisontes, cebras, tartarugas, cabras, etc,


5/6/17

Que ben o pasamos na Festa de Voz Natura!

Pero nos aínda estamos a disfrutar recordando o pasado sábado, 3 de xuño, día da FESTA DE VOZ NATURA, nela poidemos ver a gran exposición de traballos dos diferentes colexios, participar nos diferentes obradoiros que había ao longo do parque Acea de Ama, xogar no parque cos hinchables, en xeral disfrutar do ambiente de coordialidade e gran convivencia dos centros participantes...
Foi un día moi especial! no que tamén hai que felicitar a todo o equipo de VOZ NATURA pola extraordinaria organización e éxito de participación na 20ª edición desta gran xuntanza en pro do coidado do noso medioambiente.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo