Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das
violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e
devastadoras do mundo.
Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países.
Por que un 25 de novembro? Pois como homenaxe ás tres irmás Mirabal, activistas políticas, que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960, na República Dominicana.
Pero, desgraciadamente, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e de todos os ámbitos sociais.
Desde a ONU convídase a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema neste día, como unha celebración internacional
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:
INFANTIL
- Na biblioteca, lecturas comentadas dos contos: Rosa caramelo, Orellas de bolboreta, A viaxe de mamá.
- Elaboración de mans
PRIMARIA
- Elaboración de frases contra a violencia
- Elaboración de mans
- O alumnado de 3º curso, xunto coa súa profesora de Educación Física Eva, prepararon en acrosport a frase NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, para a realización do seguinte vídeo
Despois do recreo, na mañá do venres, 24 de novembro, no ximnaxio, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo unha sesión de sensibilización dende a igualdade cara á violencia contra as mulleres
- Vestidos con roupas de cor negro e coas mans violetas fixemos unha gran man.
- Visualizamos o vídeo especial para ese día
- Lemos as frases en contra da violencia
- No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo
No hay comentarios:
Publicar un comentario