20/12/19

Finalizamos o 1º trimestre

Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...

Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.

 
Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos. A ANPA do colexio colaborou  co APALPADOR.

Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

VÍDEOS DO FESTIVAL:






19/12/19

Outra actividade de NADAL

Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:


18/12/19

Actividades Complementarias do NADAL

Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia  DOMUS VI de Viveiro para contarnos o conto de: ANTÓN E O APALPADOR.
Pasámolo estupendamente pois ademais regaláronnos as figuriñas coas que lles axudamos a contar o conto: estrelas, árbores, animais, carbón, a ra...

Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e tocaranos a nós facerlles unha visita; ademais o coro do colexio cantará panxoliñas a partir das 17:30 horas, para todos os usuarios e para os visitantes.

MOITAS GRACIAS POLA VOSA VISITA!!!


16/12/19

Actividades para fomentar a IGUALDADE

https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

Dende a Asesoría de Igualdade estamos a recibir moita información e orzamentos para investir en diversas actividades "coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. A Secretaría Xeral da Igualdade insta a que se imparta unha coeducación real na que se transmita ao alumnado valores en igualdade e sen estereotipos sexistas que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero desta sociedade. Temos que educar ás nosas nenas e nenos en Igualdade e ensinarlles que ningunha persoa é máis ou menos ca outra polo seu sexo".

Por iso hoxe imos contar coa actividade especial que nos vai presentar Paco Nogueiras co seu espectáculo musical BRINCA VAI!. Dirixido ao alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.


Tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso terán unha sesión de cine nas instalacións de Cines VIVEIRO, o venres, 20 de decembro, coa película "La bicicleta verde".

Estas actividades complementan as realizadas pola ANPA dentro do Proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de Xénero, durante os meses de outubro e novembro dirixidas ás familias e ao alumnado en xeral.


A Secretaría Xeral tamén está a poñer en marcha unha campaña cara o nadal "XOGUETES PARA A IGUALDADE. XOGAMOS IGUAIS. OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO", dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo directamente.


13/12/19

Preparando o Nadal

Achégase o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
  • Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con casas feitas de caixas de madeira e moi ben decoradas, con figuriñas de plastilina e  tamén decoraron dúas árbores con figuriñas realizadas con elementos de refugallo, plásticos...
  • Na zona de Primaria tamén decoraron dúas árbores cos obxectos que realizaron en familia con elementos de refugallo.
  • Realizaron tarxetas  ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
  • No recuncho expositor temos outra árbore con versos das panxoliñas que cantamos este curso acompañando aos libros que aconsellamos para este tempo de Nadal.
  • Tamén estamos preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.


11/12/19

Máis experimentos de CIENCIA


O alumnado de 1º curso experimentou coa electricidade estática e presentaron cinco experimentos:
  • Voar papel
  • Bolboretas voadoras
  • Dando a lata
  • Atraer a pompa
  • Un caos na cociña
Traballaron moito para presentarnos eses cinco experimentos que podemos ver no seguinte vídeo:


O alumnado de 2º curso realizou unha lámpada de lava con auga, aceite vexetal, colorante alimentario e unha pastilla efervescente.
O aceite e a auga nunca se mesturan e ao mesmo tempo o aceite é menos denso ca auga polo que se mantén enriba dela. Cando engadimos as plastillas efervescentes disólvense na auga liberando un gas, dióxido de carbono, que forma as burbullas que van a subir e baixar atravesando o aceite sen mesturarse con el. 


10/12/19

A nova Biblioteca do cole

Durante o mes de novembro estivemos en obras e facendo cambios:
  • A aula de informática foi repartida polas aulas de primaria, agora en cada aula hai 3 ou 4 ordenadores, ademais do que xa había con pantalla dixital.
  • A aula de informática transformouse na nova biblioteca: as obras foron sufragadas pola Consellería de Educación a cargo dun orzamento especial que nos aportaron.
  • Logo chegou o momento de trasladar os andeis, mesas... e todos os libros e materiais que tiñamos na Bibliosoños. 
Para esta labor tivemos a axuda do persoal do Concello de Viveiro.

  •  Trasladados os libros e materiais a Nova Biblioteca foi tomando forma.

  • Esto é unha pequena mostra de como está a quedar a NOVA BIBLIOTECA. Todavía quedan mobles por chegar e colocar e tamén estamos revisando a distribución dos libros.

  • Esperamos poder ter todo listo para cando comece o 2º trimestre. Todos os nenos e nenas están desexando utilizar novamente a BIBLIOSOÑOS  e o profesorado tamén!!!

6/12/19

Actuación do Coro do Colexio

O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.


PROGRAMA "FUN POLO AIRE" DA TVG
podémonos ver a partir do minuto 45

3/12/19

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

BIBLIOTECA INCLUSIVA: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe é o día da Discapacidade e por iso o alumnado de 3º curso de Primaria de varios centros do Concello, fomos invitados a asistir a unha xornada de convivencia co alumnado de ASPANANE. Fixéronse grupos e talleres de cerámica, madeira, pintura de cara, serigrafía... onde os nenos e nenas desenvolveron distintas actividades. Foi un día moi especial e moi divertido. Dámoslle as grazas aos organizadores!!!

 



 


2/12/19

PROGRAMA DE RADIO Nº 4, curso 2019-2020

Na mañá do luns, 2 de decembro, o equipo formado por Cristina, Elena, David, Irene e Pedro A. gravaron o programa de Radio na Biblio nº 4.
Ten como contidos:
  • Semana da Ciencia no colexio
  • Cambios na Biblioteca Escolar
  • Actuacións do coro do Colexio

1/12/19

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NO NOSO COLEXIO


Na semana do 25 ao 29 de novembro o noso colexio estivo inmerso no MUNDO DA CIENCIA.
Diferentes cursos de Primaria e de Infantil fixeron unha exposición de diversos experimentos.
Escollemos o horario dedicado á HORA DE LER para xuntarnos no Salón de Actos e alí realizar moitos experimentos sobre a flotación, a erupción dun volcán, refracción...