31/1/20

POEMAS PARA A PAZ

A convocatoria de POEMAS PARA A PAZ tivo moito éxito pois presentáronse moitos traballos.
O alumnado de 1º e 2º curso fixeron unha lectura conxunta de dous poemas moi coñecidos:
  • Con só tres letras... de Gloria Fuertes
  • Como un irmán che falo... de Celso Emilio Ferreiro
Os demáis cursos de Primaria elixiron diversos poemas e tamén crearon os seus propios poemas e ata un Rap.

No seguinte vídeo podemos ver o ben que o fixeron:




PROGRAMA DE RADIO Nº 5

Volvemos a retomar os programas de RADIO NA BIBLIO.

PÁXINA DA RUFO SOÑOS
https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal

Como xa estades informados a Biblio cambiou de localización e entre obras e mudanzas a Radio estivo parada durante este tempo. Seguimos estando na Biblio á espera de rematar as obras na localización definitiva do estudo de Radio.

Programa realizado na semana do 27 ao 30 de xaneiro. 
Equipo de realización: Carla, Ángela, Mateo, Iker e Daniel. 
Contidos: Especial da Paz con músicas cantadas polas nenas e nenos do colexio.  
Recitados de Poemas da Paz na Bibliosoños






30/1/20

RESUMO DAS ACTIVIDADES PARA A PAZ

Nesta entrada imos amosar as 
actividades relacionadas coa PAZ


  • Rincón expositor de lecturas







  • Árbore da PAZ

  • Exposición de POEMAS











  • Símbolos de PAZ de Infantil









  • Lectura de POEMAS na Bibliosoños 








  • Apadriñamentos Lectores a cargo das Voluntarias da Biblioteca



  • MURAL elaborado con tapóns de reciclaxe: 
    • "RESPIREMOS PAZ, RECICLA"










  • PROGRAMA ESPECIAL PARA RADIO NA BIBLIO.










  • Gravación das cancións: 
6º Infantil: UNHA CURA DE AMOR
6º Primaria: BO DÍA A TODA A XENTE DO LUGAR




















VÍDEO RESUMO DAS ACTIVIDADES 


29/1/20

Traballos para a PAZ

Hoxe remataron os Apadriñamentos Lectores das Voluntarias da Biblioteca durante a Hora de Ler. Tanto o alumnado coma o profesorado disfrutaron moito coas lecturas, preguntas e xogos que prepararon. Están desexando volver a facelo!
Tamén gravamos as dúas cancións que preparamos na Aula de Música:
  • 6º Infantil: UNHA CURA DE AMOR.
  • 6º Primaria: BO DÍA A TODA A XENTE DO LUGAR.

27/1/20

SEMANA PARA TRABALLAR A PAZ E NON VIOLENCIA

Durante esta semana imos realizar moitos traballos e actividades para conmemorar o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA:
Convocatoria de elaboración de poemas para a paz
Alumnas Voluntarias da Biblioteca farán lecturas durante a HORA DE LER


INFANTIL (Helena e Aurora)

·         “O NENO SEN NOME”

6º infantil na clase o luns 27

5º infantil na clase o martes 28

4º infantil na clase o mércores 29

1º e 2º curso (Noa e Sara)

·         “NENOS E NENAS DE TODO O MUNDO”

    1º curso na clase, o luns 27

    2º curso na clase, o martes 28

3º e 4º curso (Ana e Coral)

·         “IRENE EN AMÉRICA CENTRA
    3º curso na clase, o luns 27
    4º curso na clase, o martes 28

5º e 6º curso (Alison e Nelly)

·         “LA GRAN ENCICLOPEDIA DE LA PAZ”
    5º curso na clase, o luns 27
    6º curso na clase, o martes 28








  • 23/1/20

    Estamos estreando BIBLIOTECA NOVA

    Como xa informamos na seguinte entrada do blog:

    A nova Biblioteca do cole

    A nosa BIBLIOTECA  cambiou de localización e durante os meses de novembro e decembro estivemos de mudanza . Todavía quedan cousas por facer pero xa vai tomando forma e quedounos moi acolledora e con moito máis espazo para as actividades.
    Dentro de pouco presentaremos un vídeo onde amosaremos a NOVA BIBLIOTECA.

    Na mañá do mércores, 22 de xaneiro, fixemos unha primeira actividade a modo de pequena inauguración entre o alumnado. As alumnas de 4º curso: Amalia, Paula, Antonella, Thaïs e Samaria, fixeron un Apadriñamento Lector coa lectura "Os trasnos zapateiros", un conto dos irmás Grimm, cunha adaptación e canción de Xosé Lueiro.
    Fixéronno moi ben! e todo o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º curso aplaudiron as actuacións.
    No vídeo podemos ver un resumo da actividade:



    13/1/20

    1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos"

    http://agamme.org/
    A Asaciación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAME) convocou o 1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos", para a elaboración dun calendario.
    Nenas e nenos do colexio participaron no mesmo e as seguintes alumnas foron seleccionadas no calendario:
    • Julia Otero de 3º
    • Sara Asmerón de 5º
    • Helena Goás de 5º
    • Aurora Rguez. de 5º
     NORABOA POLO SEU TRABALLO!!!



    10/1/20

    Un bo comezo de trimestre!!!

    Cando chegamos ao colexio o día 8 de xaneiro, o alumnado de 6º curso de Primaria recibiron 15 cartas correo postal dende un colexio do NEPAL.
    Esta nova experiencia que acabamos de comezar parte da iniciativa da antiga mestra do noso colexio, Marta Pérez González, que está nestes momentos traballando como mestra nese país.
    Con esta actividade de correspondencia pretendemos mellorar as competencias lingüísticas en inglés, comparar culturas, entender e apreciar as diferencias das mesmas e fomentar a amizade.
    "Os nenos e nenas son os mesmos 
    independentemente do lugar onde vivan"