- A aula de informática foi repartida polas aulas de primaria, agora en cada aula hai 3 ou 4 ordenadores, ademais do que xa había con pantalla dixital.
- A aula de informática transformouse na nova biblioteca: as obras foron sufragadas pola Consellería de Educación a cargo dun orzamento especial que nos aportaron.
- Logo chegou o momento de trasladar os andeis, mesas... e todos os libros e materiais que tiñamos na Bibliosoños.
Para esta labor tivemos a axuda do persoal do Concello de Viveiro.
- Trasladados os libros e materiais a Nova Biblioteca foi tomando forma.
- Esto é unha pequena mostra de como está a quedar a NOVA BIBLIOTECA. Todavía quedan mobles por chegar e colocar e tamén estamos revisando a distribución dos libros.
- Esperamos poder ter todo listo para cando comece o 2º trimestre. Todos os nenos e nenas están desexando utilizar novamente a BIBLIOSOÑOS e o profesorado tamén!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario