16/12/19

Actividades para fomentar a IGUALDADE

https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

Dende a Asesoría de Igualdade estamos a recibir moita información e orzamentos para investir en diversas actividades "coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. A Secretaría Xeral da Igualdade insta a que se imparta unha coeducación real na que se transmita ao alumnado valores en igualdade e sen estereotipos sexistas que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero desta sociedade. Temos que educar ás nosas nenas e nenos en Igualdade e ensinarlles que ningunha persoa é máis ou menos ca outra polo seu sexo".

Por iso hoxe imos contar coa actividade especial que nos vai presentar Paco Nogueiras co seu espectáculo musical BRINCA VAI!. Dirixido ao alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.


Tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso terán unha sesión de cine nas instalacións de Cines VIVEIRO, o venres, 20 de decembro, coa película "La bicicleta verde".

Estas actividades complementan as realizadas pola ANPA dentro do Proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de Xénero, durante os meses de outubro e novembro dirixidas ás familias e ao alumnado en xeral.


A Secretaría Xeral tamén está a poñer en marcha unha campaña cara o nadal "XOGUETES PARA A IGUALDADE. XOGAMOS IGUAIS. OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO", dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo directamente.


No hay comentarios: