29/2/16

Apadriñamentos lectores: 5º venres lector

O venres, 26 de febreiro, na Bibliosoños, levamos a cabo o 5º venres lector, dentro do proxecto Apadriñamentos Lectores.
Nesta ocasión correspondeulles aos nenos e nenas de 3º curso, baixo a dirección da súa titora María.
Dramatizaron unha adaptación do conto "La princesa rebelde" de Anna Kemp e sara Ogilvie.




Concurso ROSALÍA SEMPRE VIVA

 Sábado, 27 de febreiro
Casa-Museo Manuel María

Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"

Participaron nesta fase final un total de 133 estudantes de toda Galicia, en 4 categorías, de Infantil a Bacharelato, que recitaron poemas de Rosalía e Manuel María, o escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.

Outeiro amañeceu frío, con neve nos arredores e mainas folerpas a caer sobre a Casa de Hortas. Mais axiña a calor da poesía fixo derreter a neve e os falares da Coruña, de Sada, de Arousa e de Rianxo, de Lugo, de Vilalba e de Cervo, de Bande ... e así até o medio cento de centros de ensino que encheron o auditorio da Casa Museo Manuel María.
Gañaron, na categoría 1 (Infantil, 1º e 2º de Primaria), o CPI de Xanceda (Mesía) cun recitado colectivo do poema O lobo de Manuel María; na categoría 2 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) Lucía Ónega Santos, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, co recitado do poema Galiza de Manuel María; na categoría 3 Irea Ferreiro López, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa co poema Por que? de Rosalía; e na categoría 4 (Bacharelato) María Camilla Beltrán Guzmán, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, co poema Verbas á miña nai de Manuel María.
 
Do noso colexio participou Jessica Fernández de 5º curso que o fixo moi ben e recibiu moitos parabéns. Tamén estaba prevista a participación de Daniela Escudeiro de 4º curso, que non puido chegar por mor da neve. Moito ánimo! sempre nos quedará a seguinte convocatoria que xa está anunciada.

24/2/16

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro

Como colofón ás actividades realizadas nos últimos días sobre Rosalía, todos os nenos e nenas do colexio, xunto cos profesores e profesoras, fixemos un pequeno Festival no que houbo presentacións, dramatización, recitados e cantamos a canción Rosalía Pequeniña.
No seguinte vídeo podemos ver as actuacións:

22/2/16

Para celebrar a Rosalía


Vídeo da canción adicada a Rosalía de Castro con letra de Uxía Senlle e música de Magín Blanco.
No colexio fixemos unha adaptación interpretada ao piano por Pedro Rodríguez Pérez e cantada polos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria. Os debuxos e traballos que podemos ver están feitos polos nenos e nenas de Infantil.



Tarxetas para Rosalía. Unha actividade proposta pola AELG para agasallar ás familias.
Cada neno e nena elaborou á súa tarxeta postal con versos e debuxos, pegaron o selo, escribiron a dirección e todos xuntos fumos botala á caixa de correos da Plaza do Chao. Seguro que o mércores, 24 de febreiro (DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO) chegarán ás casas de todas as familias.

Recitado do poema "Vente Rapasa" (Cantares Gallegos) de Rosalía de Castro a cargo dos nenos e nenas de 1º curso, quenes tamén fixeron os debuxos que ilustran o recitado.

18/2/16

Estamos traballando para celebrar o Día de Rosalía de Castro

 Clica na imaxe para ir a páxina especial de
ROSALÍA DE CASTRO
https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/home
Durante esta semana estamos a traballar sobre a figura de Rosalía de Castro xa que o vindeiro mércores, 24 de febreiro, celebramos o seu día.
Son varias as propostas que levaremos a cabo:
  • Participación no concurso que convoca a Fundación Manuel María: ROSALÍA SEMPRE VIVA. Despois da selección realizada no colexio irán a participar: Daniela Escudeiro de 4º curso e Jessica Fernández de 5º curso.
  • Elaboración dunha tarxeta postal con versos e debuxos alusivos que enviaremos ás casas a través do servizo de correos para ser recibida como agasallo conmemorativo.
  • Os nenos e nenas de infantil están a elaborar murais e marcapáxinas.
  • O día 24 faremos unha homenaxe todos xuntos no Salón de Actos na que haberá recitados, dramatizacións e remataremos visualizando e cantando co vídeo conmemorativo da canción de Uxía Senlle "Rosalía pequeniña", con imaxes realizadas polos nenos e nenas de infantil e as voces dos nenos e nenas do colexio.

12/2/16

Mochilas Viaxeiras

Os nenos e nenas de 6º curso xa remataron coas quendas das dúas mochilas que levaron para a casa.
Agora comezarán con dúas novas mochilas con libros moi interesantes que seguro disfrutarán.



5/2/16

Hoxe, gran festa de Entroido no Colexio!

Como todos os anos no colexio, celebramos o Entroido.
Podemos visualizar todo o que fixemos no 

http://entroido2010.blogspot.com.es/