30/12/09

Para xogar un pouco!



Xa estamos de vacacións! Xa temos tempo para ler, xogar, ver a tele, estar coa familia e cos amigos... pero tamén podemos xogar coa vaca Connie que é moi divertida.
PICA AQUÍ E ENTRA NOS XOGOS

20/12/09

Boletín Informativo da Bibliosoños, 1º trimestre

Cando rematen as clases o día 22, levaredes, para as vosas casas, este Boletín no que vos aconsellamos algún libro para ler neste Nadal.
Tamén queremos que nestas festas o pasedes estupendamente coas vosas familias, xogade e disfrutade e non vos olvidedes de pasar polo blog para pasar un "rato" agradable lendo e xogando con nós.

15/12/09

O mundo en galego

é unha campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con OQO editora.

Obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual  serán o medio a través do que visitar países de todo o mundo, desde Galicia e en galego; unha viaxe na que pais e nais, mestres e bibliotecarios tamén teñen tarxeta de embarque.

LUGAR DAS ACTIVIDADES:

  • Biblioteca Municipal de Viveiro (Rúa Alonso Pérez)


  • Os días 16, 17 e 18 de decembro de 2009


  • En horarios de 16:30 a 20:00 horas


  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallará aos participantes nas actividades con libros de OQO editora.



11/12/09

Chegou este fermoso libro á Bibliosoños!

Todos os animais ao caixón" da editorial  Primerapersona, é un traballo de Susa Herrera con Mamá Cabra.
SUSA HERRERA







Os animais son os nosos mellores amigos. Temos que coidalos e protexelos e tamén aprender deles. A galiña, o león, o oso, a quenlla, o búfalo, a piraña, a abella e o golfiño...e moitos máis, son os protagonistas deste divertido libro onde atoparedes propostas didácticas para cantar e bailar sen que un só neno ou nena proteste porque se aburre.

9/12/09

Libros novos na Bibliosoños

Recomendámosvos a colección "Las fieras Fútbol Club", na Bibliosoños hai tres libros. O autor é Joachim Masannek.
Podedes atopalos na estantería Ñ, a.

Temos unha nova colección de Mafalda

Aquí podemos atopar algúns datos sobre Mafalda.
Outra páxina interesante: El mundo de Mafalda

25/11/09

Recomendamos este libro para todas as idades.

Onde Viven os Monstros (título orixinal en inglés Where The Wild Things Are) é un libro infantil creado por Maurice Sendak. O libro foi escrito en 1963, sendo condecorado coa Medalla Caldercott en 1964. Tamén gañou o Boston Globe-Horn Book Award e foi un libro notable da Asociacion de Bibliotecas Americana.

O libro conta a historia de Max, un neno moi intelixente, incomprendido e rebelde, que se escapa da casa tras unha forte discusión coa súa nai. Pero non é unha fuxida calquera, pois Max se interna nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. O seu obxectivo: chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.
Na Bibliosoños temos unha edición en galego e outra en catelán, estantería F.





24/11/09

Decálogo para crear bos lectores

Esta é unha cuestión que preocupa a moitos pais e nais que poden acabar desorientados e impotentes ante o feito de que os seus fillos dediquen todo o tempo libre de que dispoñen a estar diante dunha pantalla. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no seu Plan de Fomento da Lectura establece dez principios imprescindibles para crear bos lectores.
Nesta guía para pais aparecen moitas frontes polos que hai que actuar, e o principal obstáculo é que requiren de tempo, dedicación e constancia. Desde que son moi pequenos. Pero ninguén dixo que fose fácil...

1.Dar exemplo. As persoas adultas somos un modelo de lectura para os nenos. Leamos diante deles, gocemos lendo. Trátase dunha mostra da lema que máis recentemente fixo seu o Plan de Fomento da Lectura: Si ti les, eles len.

2.Escoitar. Nas preguntas dos nenos está o camiño para seguir aprendendo. Esteamos pendentes das súas dúbidas.

3.Compartir. O pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. Leamos contos, contemos contos.

4.Propor, non impor. É mellor suxerir que impor. Evitemos tratar a lectura como unha obrigación. Este é o problema básico con que se atopan os nenos e mozos en moitos centros educativos: as lecturas obrigatorias moitas veces non apetecen o máis mínimo.

5.Acompañar. O apoio da familia é necesario en todas as idades. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler.

6.Ser constantes. Todos os días hai que reservar un tempo para ler. Busquemos momentos relaxados, con boa disposición para a lectura.

7.Respectar. Os lectores teñen dereito a elixir. Esteamos pendentes dos seus gustos e de como evolucionan.

8.Pedir consello. O colexio, ás bibliotecas, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita.

9.Estimular, alentar. Calquera situación pode proporcionarnos motivos para chegar aos libros. Deixemos sempre libros apetecibles ao alcance dos nenos.

10.Organizarse. A desorganización pode estar rifada coa lectura. Axudémoslles a organizarse: o seu tempo, a súa biblioteca...

23/11/09

Conto: A que sabe a lúa?

A que sabe a lúa?  Este libro podedes atopalo na Bibliosoños estantería E, letra c esquerda.

20/11/09

20 aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños celebramos o día Dos Dereitos do nenos e nenas. Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989 a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.Agora estamos a celebrar o vixésimo aniversario.
A actividade que programamos na Bibliosoños implicou aos alumnos e alumnas de 6º curso, dentro da clase de Educación para a Cidadanía, que fixeron de pequenos profesores. Os demais alumnos de Infantil e Primaria atenderon moi ben ás explicacións, fixeron moitas preguntas e comentarios moi importantes.
Pouco a pouco imos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.

Abride a páxina especial que se titula CELEBRACIÓN: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA E ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN.

13/11/09

Novidades na Bibliosoños



Hoxe chegaron tres libros novos á Bibliosoños

SACAPENAS de Anthony Brownw, editorial Kalandraka.

LA ISLA DEL TESORO de Geronimo Stilton, editorial Destino

E por último un cómic dos de sempre RUE DEL PERCEBE de Francisco Ibáñez.

QUE OS DISFRUTEDES!

5/11/09

Astérix e Obélix cumplen 50 anos

O mundo enteiro celebra hoxe o 50 aniversario da primeira publicación do cómic de Astérix e Obélix, creada polo guionista René Goscinny e o debuxante Albert Uderzo e que viu a luz o 29 de outubro de 1959. Desde a década de 1960, Asterix e Obélix convertéronse nos heroes de debuxo, xunto a Tintín, máis coñecidos do planeta e non perderon nadiña de nada da súa forza nos seus 50 aniversarios, todo o contrario, cada día son máis os seus seguedores.

PICA AQUÍ PARA ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN E PODER VER UNS VÍDEOS DA PELÍCULA "A SORPRESA DO CÉSAR"
Na Bibliosoños temos moitos cómics de varias coleccións.

25/10/09

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2009

Os días 23 e 24 de outubro celebráronse as Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia. Neste ENLACE podemos atopar información sobre o programa que se levou a cabo, así coma, sobre os conferenciantes e poñentes das mesmas.
VÍDEOS DAS PONENCIAS E OUTROS MATERIAIS

22/10/09

O Principiño


A profesora de Educación Física,Cristina,colleu prestado da Bibliosoños este fermoso libro de Antoine de Saint-Exupéry. Primeiro leuno en galego e agora quere repasalo tamén en castelán. Gustoulle moitísimo!
Seguramente, cando o escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry creou nun hotel de Nova York o extraordinario relato coñecido como "O principiño" non imaxinou que, co paso dos anos, esa obra converteríase nun clásico da literatura universal e traduciríase a case duascentas linguas.

Esta historia onde se abordan cuestións profundas como o sentido da vida, a amizade e o amor, comeza a desenvolverse a partir de que un aviador, tras sufrir un dano no seu avión, pérdese no deserto de Sahara e atopa a un pequeno príncipe.

Este diminuto ser vén do asteroide B612, un planeta que posúe tres volcáns e unha rosa. Alí, o principiño dedícase a coidar a súa terra e a quitar as árbores baobab que, con frecuencia, pretenden crecer pero que, de facelo, poderían partir ao planeta en pedazos.

Cansado dos reproches da rosa, esta criatura decide explorar outros mundos e é así como chega, aproveitando unha migración de paxaros, a visitar seis planetas. En cada un deles, o principiño atopa a diversos personaxes que, á súa maneira, demostraranlle o baleiras, egoístas e ambiciosas que se volven as persoas cando chegan a adultos.
Un deles, un sabio e intelixente xeógrafo que só se interesa polas cousas eternas que non sofren modificacións, será quen lle aconselle viaxar á Terra, onde o principiño non só coñecerá ao aviador perdido, senón que vivirá outras experiencias que o levarán a comprender que "só se ve ben co corazón", porque "o esencial é invisible aos ollos".

12/10/09

CANCIÓN PARA A MASCOTA DA BIBIOTECA



A mascota da Biblioteca, RUFO, VAI TER UNHA CANCIÓN

Os alumnos e alumnas do coro do colexio cantan a CANCIÓN PARA RUFO

11/10/09

Pertencemos ao PLAMBE

Dende este curso xa pertencemos ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia).
Foinos asignado o seguinte orzamento:
      Fondos     Equipos       Mobiliario    Gastos fto.       TOTAL
      3.000        1.500              1.500               300                  6.300€
Agora toco traballar  moito e pensar ben onde imos invertir esta magnífica cantidade económica.

10/10/09

Resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2009-2010

No DOG od 7 de outubro de 2009 aparece publicada a orde pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2009/2010. Logo das baixas habidas e a incorporación de 80 novos, o total de centros integrados no programa de bibliotecas desta comunidade autónoma é de 299.
Son 299, e aínda máis, as razóns para seguir traballando pola eficacia, a eficiencia e a visibilidade das bibliotecas escolares galegas. Poñer en valor a biblioteca escolar do centro, procurando que sexa indispensable para os compañeiros e compañeiras que a usan no seu traballo de todos os días, é unha das tácticas para acadar a estabilidade deste recurso educativo. Pero a estratexia definitiva é traballar para que as bibliotecas escolares sexan indicadores de calidade da ensinanza que se ofrece, tal e como o están a demostrar as bibliotecas do Plan de mellora, e moitas máis, por toda a xeografía galega.

30/9/09

Nomes propostos para a Biblioteca

Hoxe rematou o prazo para participar na
"procura dun nome"  para a nosa Biblioteca.

DESPOIS DE VER TODAS AS PROPOSTAS o EQUIPO DA BIBLIOTECA elixe estes seis NOMES FINALISTAS:

SOPA DE LETRAS de David Guerreiro (2º curso).
O RINCÓN DOS TRASNOS de Alex Trasancos (4º curso).
O RINCÓN DA MAXIA de Marlén Fernández (4º curso).
BIBLIOMÁXICA de Carla Liz (6º curso).
BIBLIOSOÑOS de Mateo Fustes (6º curso).
CHILINDRIBIBLIO de Gabriel Timiraos (6º curso)


Unha vez feito o reconto das votacións queda elixido como nome oficial da Biblioteca e tamén deste Blog:

19/9/09

Á procura dun nome...

Queredes participar nesta aventura?.
Trátase de buscar un nome para a Biblioteca e tamén para este blog.
Tod@s temos un nome,...
Pois só vos queda pensar e sentir cal sería o máis axeitado.
Os vosos profesores e profesoras daranvos un papeliño onde escribiredes as vosas propostas e despois entre todos faremos votación para elexir o que máis nos guste.

10/9/09

BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA

Damos comenzo a unha nova andaina dende a Biblioteca do Colexio!
Despois de levar un par de anos transformando, renovando e levando a cabo:
  • Cambio de estructura na Biblioteca
  • Nova distribución
  • Novo mobiliario
  • Espurgo de libros
  • Dotación con novas adquisicións
  • Dotación das novas tecnolóxías

Chegou o momento de dar visibilidade a todos os traballos e experiencias o que imos realizar, tanto na biblioteca como no centro, a través deste blog que hoxe se presenta.
Esperamos que teña unha boa acollida e serva de conexión entre o centro e toda a comunidade educativa.

COMEZAMOS!!!