24/11/09

Decálogo para crear bos lectores

Esta é unha cuestión que preocupa a moitos pais e nais que poden acabar desorientados e impotentes ante o feito de que os seus fillos dediquen todo o tempo libre de que dispoñen a estar diante dunha pantalla. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no seu Plan de Fomento da Lectura establece dez principios imprescindibles para crear bos lectores.
Nesta guía para pais aparecen moitas frontes polos que hai que actuar, e o principal obstáculo é que requiren de tempo, dedicación e constancia. Desde que son moi pequenos. Pero ninguén dixo que fose fácil...

1.Dar exemplo. As persoas adultas somos un modelo de lectura para os nenos. Leamos diante deles, gocemos lendo. Trátase dunha mostra da lema que máis recentemente fixo seu o Plan de Fomento da Lectura: Si ti les, eles len.

2.Escoitar. Nas preguntas dos nenos está o camiño para seguir aprendendo. Esteamos pendentes das súas dúbidas.

3.Compartir. O pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. Leamos contos, contemos contos.

4.Propor, non impor. É mellor suxerir que impor. Evitemos tratar a lectura como unha obrigación. Este é o problema básico con que se atopan os nenos e mozos en moitos centros educativos: as lecturas obrigatorias moitas veces non apetecen o máis mínimo.

5.Acompañar. O apoio da familia é necesario en todas as idades. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler.

6.Ser constantes. Todos os días hai que reservar un tempo para ler. Busquemos momentos relaxados, con boa disposición para a lectura.

7.Respectar. Os lectores teñen dereito a elixir. Esteamos pendentes dos seus gustos e de como evolucionan.

8.Pedir consello. O colexio, ás bibliotecas, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita.

9.Estimular, alentar. Calquera situación pode proporcionarnos motivos para chegar aos libros. Deixemos sempre libros apetecibles ao alcance dos nenos.

10.Organizarse. A desorganización pode estar rifada coa lectura. Axudémoslles a organizarse: o seu tempo, a súa biblioteca...

No hay comentarios: