31/3/19

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2019

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



No seguinte vídeo nenas e nenos de 6º curso presentan os libros que están a ler:






29/3/19

PROGRAMA NÚMERO 5 de RADIO NA BIBLIO

Publicamos hoxe un novo programa de RADIO NA BIBLIO, facémolo en formato vídeo "Como o fixemos" e en formato audio. 
Lembrade que podedes ver todos os programas na PÁXINA ESPECIALda RADIO NA BIBLIO.
Este programa foi realizado polo equipo formado por Candela, Ainara, Nayara, Ánxela, Leire e Ana, alumnas de 6º curso.
O tema escollido foi a celebración do día da Árbore e o Día da Poesía.


28/3/19

1 de abril, Día das Artes Galegas: Luís Seoane

Luís Seoane, a figura distinguida co 
Día das Artes Galegas 2019

O Día das Artes Galegas foi instituído en 2015 e conmemórase o 1 de Abril. Até agora os nomes homenaxeados foron os do Maestro Mateo (2015), 
Castelao (2016), Maruxa Mallo (2017)   
Alejandro de la Sota (2018) e este ano
Luís Seoane (2019)

NA PÁXINA ESPECIAL

ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA 

atopamos moita máis información.

 

Dado que este curso estamos a traballar as POÉTICAS DIVERSAS, realizaremos actividades centrando a nosa atención na poesía como a principal expresión literaria do Seoane escritor.


24/3/19

Encontros do PLAMBE

Encontros PLAMBE 2018/2019

Os días 21 e 22 de marzo celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.

A coordinadora da nosa Biblioteca tamén acude a estas xornadas pois forma  parte das súas obligacións por pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Entramos no Plan no curso 2009-2010 polo que para o vindeiro curso celebraremos o 10º aniversario de xeito moi especial.

As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 
Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso:

Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.


21/3/19

Celebramos o Día da Árbore, Auga e Poesía

Hoxe foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.

Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:
  • Aprendimos a canción Árbores da fraga 
  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala 
  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento 
  • Realizamos murais e debuxos 
Na celebración fixemos:
  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga" 
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas 
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores. 
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado. 
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

 A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.

Obradoiro dos presentadores, 4º Infantil

Presentamos o vídeo do alumnado de 4º de Infantil realizado pola súa mestra Iris.
Na Semana da Prensa na Escola fixeron un "Obradoiro de Presentadores".


20/3/19

Traballando no proxecto "Ao abeiro dos nosos montes"

O proxecto documental que estamos a traballar este curso vai sobre os montes, árbores e animais que nel viven, por iso arredor da celebración do Día da Árbore, os diferentes cursos están a presentar diferentes traballos sobre as árbores.
  • 6º Infantil: Presentación "BENEFICIOS DAS ÁRBORES"

  • 2º de Primaria: "Colección das árbores de 2º curso", I O Carballo
  • 4º de Primaria: "Nove razóns para plantar unha árbore"

17/3/19

Exposición de libros e traballos poéticos

Xa estamos comezando a  preparar a celebración dos días da Poesía, Árbore e Auga, por iso no rincón das exposicións xa podemos atopar libros relacionados coas diferentes celebracións.


15/3/19

Poesía musicada e ilustrada

O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
  • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
  • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.

RADIO NA BIBLIO: Especial DÍA DA MULLER

O equipo de traballo formado por Antía, María, Julia, Ana e Candela gravaron o PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO NÚMERO 4 co tema do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

No vídeo podemos ver "COMO O FIXEMOS" e tamén podemos escoitar o audio.

Recordade que atoparedes todo o relacionado coa RADIO NA BIBLIO na seguinte páxina especial

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Esta semana todo o centro participou de diferentes sesións para traballar a prensa na escola.  
A introdución do xornal na escola non é só unha ferramenta pedagóxica senón tamén un medio importante de conectar ao neno co mundo que lle rodea.
Realizáronse moitas actividades, na seguinte presentación podemos ver a exposición destes traballos.


14/3/19

Apadriñamento Lector

Durante esta semana, o alumnado de 3º curso de Primaria, nas sesión da  Hora de Ler,  realizou  un Apadriñamento Lector que consistiu na dramatización do conto "Os nós da rede" de Sara Cone Bryant (adaptación de Xosé Lueiro). 
Tamén cantaron a canción "O mariñeiro Malapata" (Letra de Gloria Fuertes e Música de Xosé Lueiro).
De luns a mércores foron polos cursos de Primaria e o xoves fixeron o apadriñamento para o alumnado de Infantil na Biblioteca.

11/3/19

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve http://kiosko.net/es/ o espírito crítico. Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura. Ao mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de amosar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.

OBXECTIVOS A TRABALLAR
  • Fomentalo uso da prensa na aula.
  • Descubrir a diversidade dos medios de información.
  • Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
  • Saber de  onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
  • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
  • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico. 
  • Diferenciar entre feitos e opinións.

8/3/19

RADIO NA BIBLIO: PROGRAMA Nº 3

O equipo de traballo formado por Pablo, Andrés, Alonso, Nayara, Carmen e Ainara gravaron o PROGRAMA DE RADIO NÚMERO 3 cos seguintes temas:
  • O Entroido no colexio de Celeiro
  • Entrevistas a Vicente Míguez e Carlos Nuevo
No vídeo podemos ver "COMO O FIXEMOS" e tamén podemos escoitar o audio.

Recordade que atoparedes todo o relacionado coa RADIO NA BIBLIO na seguinte páxina especial

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal

7/3/19

Unha clase moi interesante

Hoxe poidemos contar coa visita de Vicente Míguez Salgueiro (exprofresor do centro) e Carlos Nuevo Cal (profesor no CEP Lois Tobío e tamén Cronista Oficial de Viveiro), ámbolos dous pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro e son coautores de varios libros entre eles "CONSERVEIRAS". 

Un libro moi especial na BIBLIOSOÑOS

O alumnado de 6º de Primaria, na área de Plástica coa profesora Rosa, está a traballar o diseño gráfico nos diferentes envases, por iso oportunamente, Vicente e Carlos, lles deron unha charla moi interesante: 
  • Unha pouca de historia sobre a importancia das conservas ao longo da historia. 
  •  A chegada das conserveiras a Galicia e concretamente sobre a industria conserveira en Celeiro. 
  • A historia sobre as latas de conservas, a súa decoración e simboloxía. 
  • Amosáronlles diferentes follas de lata cos diferentes diseños ao longo do tempo.
Todo o alumnado participou con gran interese na pequena charla informativa e seguro que tomaron boas ideas para logo realizar os seus propios traballos de deseño gráfico na área de Plástica. 

Dende o Centro queremos agradecer a Vicente e a Carlos a súa labor na charla informativa pois todo o alumnado disfrutou da "clase especial recibida".



Día Internacional da Muller

http://www.unwomen.org/es/news/stories/2018/10/announcer-iwd-2019-theme
Este ano, no noso colexio, adicamos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a





2/3/19

FESTA DE ENTROIDO 2019


O venres, 1 de marzo, celebramos a nosa tradicional festa de Entroido.
  • Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...), tamén houbo leñadores e corredoras da CAMOVI.
  • A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras no patio do colexio
  • Bailes e cancións.