24/9/19

10 anos de PLAMBE, BLOG e MASCOTA

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
Hoxe saiu a Resolución  do PLAMBE:

No curso escolar 2009-2010 entramos a formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos polo tanto a celebrar 10 anos de permanencia neste Plan; asemade tamén celebramos o 10º aniversario deste blog e tamén da chegada da nosa mascota Rufo e a súa canción. 

Será un curso moi especial e con moitas celebracións que pouco a pouco iremos amosando. 

Recordamos neste vídeo a canción da nosa Mascota Rufo


 

17/9/19

Benvida ao novo curso escolar 2019-2020

Queridas familias:

Un ano máis, dámoslles a benvida
ao novo curso académico, en nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP de CELEIRO.
Ao chegar o mes de setembro, todos facemos bos e renovados propósitos. 
Xunto ao material escolar, aínda sen estrear: axendas, cadernos, libros, lapis,  rotuladores,… hai unha chea de incógnitas, de ilusións, de expectativas, de ganas de facer novos amigos. Pero, sobre todo, de ganas de ser mellores persoas. 
Por iso seguiremos traballando na mesma dirección que vostedes, con agarimo e seguridade, para ofrecer aos seus fillos a mellor formación, humana e académica. 
Porque, sen dúbida, a educación é unha tarefa que nos compromete a todos.

4/9/19

Imos solicitar a continuidade no proxecto RADIO NA BIBLIO

Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 3 de setembro de 2019, no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto Radio na biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos (integrados no PLAMBE), que matriculan alumnado de infantil, primaria e secundaria, para o curso 2019/2020.
Seleccionaranse 30 bibliotecas escolares para a súa incorporación a este programa. Os 50 centros integrados en Radio na biblio en anteriores convocatorias poderán solicitar a súa continuidade.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2019.